Coa Colección Shine Fest vas brillar como nunca nos festivais deste verán.

Este verán, brilla como unha estrela coa colección Shine Fest

06 de maio de 2024

Queres ser a estrela dos festivais deste verán? Coa colección Shine Fest poñémoscho máis fácil. Prepárate para estar radiante e ser o centro de todas as miradas. Esta colección é un auténtico descubrimento en cosmética que vén repleto de brillo e escintileos.

É o momento de impresionar, bailar e brillar baixo os ceos do verán coa nosa incrible colección de maquillaxe festivaleira! Non a perdas.

Que produtos compoñen a Colección Shine Fest?

Barra de labios Gloss

Labiales Gloss Shine Fest de Mercadona

Brillo, brillo e máis brillo! A cor destas barras de labios é fascinante, pero non se trata só de cor, trátase de brillo!

Experimenta o escintileo espectacular dos nosos Gloss, deseñados cunha fórmula de textura suave que se despraza delicadamente sobre os teus labios. O seu acabado resplandecente e zumarento captura a luz dende todos os ángulos. Recordas eses labios brillantes que parecían iluminar un cuarto enteiro? Faite coa nosa colección e consigue o mesmo efecto!

  • 01 Halo: un ton neutro e versátil que brilla cunha elegancia atemporal, como un diamante. Con esta barra de labios podes complementar calquera look, dende o máis casual ata o máis refinado.
  • 02 Sunset: con este ton rosa eléctrico mergúllaste na calidez do crepúsculo. Un toque vibrante, divertido e xuvenil para os teus labios, perfecto para iluminar os teus días.
  • 03 Astral: co seu toque enigmático e orixinal, este morado profundo evoca unha viaxe estelar. Pura audacia púrpura!

Cada lipgloss desta colección foi formulado coidadosamente para ofrecerche un brillo intenso e duradeiro, asegurándoche uns labios radiantes en todo momento. Se o combinas coa paleta de Glitter, o efecto é sensacional, próbao!

Paleta de Glitter

Paleta de Glitter Shine Fest  de Mercadona

A nosa paleta de Glitter Shiny desata a maxia do brillo. A súa fórmula ofrece un resultado impecable para a noite festivaleira. Dende o prateado ata o lila, presenta 4 arrebatadores tons ideais para crear os looks máis impactantes. Podes aplicalos nas meixelas, nos ollos, nos labios... Atrévete a brillar con estes tons exclusivos Deliplus Color e dálle un toque máxico á túa maquillaxe estival!

Perfiladores de ollos en varios tons

Eyeliners en varios tonos Shine Fest de Mercadona

Estes perfiladores de ollos destacarán a túa mirada cun brillo único e unha profunda intensidade. Especialmente deseñados para un look encantador que nunca pasará desapercibido. Dispoñibles nunha gama de 5 tons que engaden glamour e sofisticación aos teus ollos.

  • Azul.
  • Verde.
  • Morado.
  • Dourado.
  • Negro

Máscara de pestanas de cor vibrante Water Resistant

Máscara de pestañas de color vibrante Water Resistant Shine Fest de Mercadona

Non imaxinas as cores vibrantes das nosas máscaras de pestanas! Mergúllate na emocionante enerxía do verán con estas catro opcións resistentes á auga, que te transportan a un mundo cheo de alegría e estilo. Dálle un extra de diversión e frescura ao teu look estival! Dispoñible en catro tons:

  • N.º 01 – Azul.
  • N.º 02 – Verde.
  • N.º 03 – Rosa.
  • N.º 04 – Lila.

Consellos de uso

  • Recomendamos empregar un desmaquillador bifásico
  • Aplica dende a raíz ata as puntas con movementos en zigzag para lograr o mellor resultado.

Outras recomendacións

Coñeces os nosos Kits de pinceis de maquillaxe? Son os teus mellores aliados para maquillarte cun resultado profesional.

Completa o teu look coas nosas Lacas de uñas.

Descubre os mellores tratamentos para exfoliar, refrescar e hidratar os teus pés.