No inverno necesitas un coidado especial, tanto no que se refire ao teu sistema inmunitario, como á protección da pel do teu rostro.
O frío, o vento e os cambios bruscos de temperatura inflúen en gripes e arrefriados, resecan a pel e provocan proído, cabras, zonas ásperas e escamadura. Tamén adoitan afectarse zonas especialmente sensibles ás baixas temperaturas, como os labios e o nariz.
É dicir, que necesitas coidarte por dentro e por fóra. Por iso, en Mercadona poñemos á túa disposición unha variedade de produtos moi útiles nesta tempada, para que reforces as túas defensas e protexas a túa cute do frío, hidratándoa e nutríndoa. Sigue lendo!
Para coidarte por dentro este inverno
Equinácea
- Complemento alimenticio elaborado a base de especies vexetais e vitaminas, indicado para aquelas persoas que queiran unha axuda para as súas defensas.
- A equinácea e a Vitamina C contribúen ao funcionamento normal do sistema inmunitario.
- Toma 2 cápsulas ao día antes do almorzo.
- Recomendado a partir de 12 anos.
- Non recomendado para embarazadas nin nais lactantes.
- Non se debe consumir máis de 2 caixiñas seguidas. Despois, débese realizar un descanso de 15 días.
- Os complementos alimenticios non deben ser utilizados como substitutos dunha dieta variada e equilibrada e un estilo de vida saudable.
Spray Própolis con equinácea e eucalipto
- Complemento alimenticio elaborado a base de própole, especies vexetais e lique de Islandia.
- Contén activos botánicos procedentes da Equinácea, Groselleira negra, as Xemas
- de Piñeiro e o Eucalipto.
- Inclúe pulverizador directo para a cavidade bucal.
- Modo de emprego: orienta o spray preto da boca e realiza unha pulverización de 4 a 6 veces ao día. Axita ben antes de usar.
- Recomendado a partir de 12 anos.
- Non recomendado en mulleres embarazadas nin nais lactantes.
- En caso de persoas alérxicas ao pole, ao veleno de abella e asmáticos, consulte co seu médico antes de consumir o produto.
- Produto apto para celíacos.
- Os complementos alimenticios non deben ser utilizados como substitutos dunha dieta variada e equilibrada e un estilo de vida saudable.
Para coidarte por fóra este inverno
Sensitive, crema facial hidratante e fortalecedora
- A crema Sensitive axuda a paliar problemas de sequidade cutánea propios das peles sensibles ou reactivas, grazas aos seus atributos.
- Principios activos; vitamina K óxido, árnica e hesperidina.
- Con vitamina K (sen perfume) achega sensación de benestar e protexe a barreira natural da pel.
- Específica para o tratamento da pel sensible, reactiva e con cabras.
- Modo de emprego: aplica sobre a pel limpa e seca diariamente, mediante unha suave masaxe ata a total absorción do produto. Evita o contacto con feridas, mucosas e a exposición ao sol.
Bálsamo reparador para o nariz e os labios áloe vera e vitamina E
- Protector para a zona dos labios e do nariz altamente hidratante, rexenerador e con propiedades antioxidantes.
- Atributos: repara, hidrata e protexe.
- Evita a sequidade grazas ao seu efecto barreira.
- Activos máis destacados: áloe vera e vitamina E.
- Modo de uso: aplica directamente sobre a pel e/o exterior do nariz. Estende suavemente coa xema dos dedos. Reaplica frecuentemente para obter unha maior hidratación.
Protector labial FPS 15
- Hidrata e protexe os labios do sol e do frío. Proporciona unha acción emoliente de forma natural, achegándolles hidratación e nutrición.
- A súa combinación de filtros solares permite unha protección eficaz.
- Atributos: repara, nutre e protexe do sol e do frío.
- Activos máis destacados: manteiga de karité, vitamina E, aceite de aguacate e filtros solares.
- Modo de uso: para uso diario, aplica nos labios cantas veces sexa necesario.
Outras recomendacións
Se queres restablecer a calor corporal mentres gozas dun sabor exquisito, dispoñemos de variadas infusións para combater o frío e respirar mellor: Tomiño, Xenxibre, Respir...
No inverno, sigue unha alimentación equilibrada que inclúa froita, verdura e unha boa hidratación. Non esquezas as nosas Bebidas vexetais e os Cereais integrais.