Este inverno cóidate por dentro e por fóra cos nosos complementos

Este inverno, cóidate por dentro e por fóra

05 de xaneiro de 2024

No inverno necesitas un coidado especial, tanto no que se refire ao teu sistema inmunitario, como á protección da pel do teu rostro.

O frío, o vento e os cambios bruscos de temperatura inflúen en gripes e arrefriados, resecan a pel e provocan proído, cabras, zonas ásperas e escamadura. Tamén adoitan afectarse zonas especialmente sensibles ás baixas temperaturas, como os labios e o nariz.

É dicir, que necesitas coidarte por dentro e por fóra. Por iso, en Mercadona poñemos á túa disposición unha variedade de produtos moi útiles nesta tempada, para que reforces as túas defensas e protexas a túa cute do frío, hidratándoa e nutríndoa. Sigue lendo!

Para coidarte por dentro este inverno

Cápsulas Inmuno Protect

  • Produto temporal (entra en outubro, sae en marzo, (outono, inverno).
  • Reforza as defensas e reduce os síntomas de arrefriados e gripes.
  • A partir de 12 anos.
  • Débese tomar 2 meses e descansar 15 días.
  • Apto vexetarianos

Spray Própolis con equinácea e eucalipto

  • Complemento alimenticio elaborado a base de própole, especies vexetais e lique de Islandia.
  • Contén activos botánicos procedentes da Equinácea, Groselleira negra, as Xemas
  • de Piñeiro e o Eucalipto.
  • Inclúe pulverizador directo para a cavidade bucal.
  • Modo de emprego: orienta o spray preto da boca e realiza unha pulverización de 4 a 6 veces ao día. Axita ben antes de usar.
  • Recomendado a partir de 12 anos.
  • Non recomendado en mulleres embarazadas nin nais lactantes.
  • En caso de persoas alérxicas ao pole, ao veleno de abella e asmáticos, consulte co seu médico antes de consumir o produto.
  • Produto apto para celíacos.
  • Os complementos alimenticios non deben ser utilizados como substitutos dunha dieta variada e equilibrada e un estilo de vida saudable.

Para coidarte por fóra este inverno

Crema Sensitive, crema facial hidratante y fortalecedora Deliplus

Sensitive, crema facial hidratante e fortalecedora

  • A crema Sensitive axuda a paliar problemas de sequidade cutánea propios das peles sensibles ou reactivas, grazas aos seus atributos.
  • Principios activos; vitamina K óxido, árnica e hesperidina.
  • Con vitamina K (sen perfume) achega sensación de benestar e protexe a barreira natural da pel.
  • Específica para o tratamento da pel sensible, reactiva e con cabras.
  • Modo de emprego: aplica sobre a pel limpa e seca diariamente, mediante unha suave masaxe ata a total absorción do produto. Evita o contacto con feridas, mucosas e a exposición ao sol.

Bálsamo reparador para o nariz e os labios áloe vera e vitamina E

  • Protector para a zona dos labios e do nariz altamente hidratante, rexenerador e con propiedades antioxidantes.
  • Atributos: repara, hidrata e protexe.
  • Evita a sequidade grazas ao seu efecto barreira.
  • Activos máis destacados: áloe vera e vitamina E.
  • Modo de uso: aplica directamente sobre a pel e/o exterior do nariz. Estende suavemente coa xema dos dedos. Reaplica frecuentemente para obter unha maior hidratación.

Bálsamo reparador de nariz y labios aloe vera y vitamina E Deliplus

Protector labial FPS 15

  • Hidrata e protexe os labios do sol e do frío. Proporciona unha acción emoliente de forma natural, achegándolles hidratación e nutrición.
  • A súa combinación de filtros solares permite unha protección eficaz.
  • Atributos: repara, nutre e protexe do sol e do frío.
  • Activos máis destacados: manteiga de karité, vitamina E, aceite de aguacate e filtros solares.
  • Modo de uso: para uso diario, aplica nos labios cantas veces sexa necesario.

Outras recomendacións

Se queres restablecer a calor corporal mentres gozas dun sabor exquisito, dispoñemos de variadas infusións para combater o frío e respirar mellor: Tomiño, Xenxibre, Respir...

No inverno, sigue unha alimentación equilibrada que inclúa froita, verdura e unha boa hidratación. Non esquezas as nosas Bebidas vexetais e os Cereais integrais.