“O esencial é invisible aos ollos”. Esta fermosa frase de O Principiño dános a entender que a esencia das cousas e o seu auténtico valor non sempre se mostran de maneira evidente.
Por iso, agora que se achega o Nadal, tomámola prestada para recoñecer e reivindicar todo o que hai detrás das nosas coleccións, o traballo calado e oculto na concepción dun perfume ou dun cosmético.
O máis importante dun produto de perfumería non é visible a simple vista
No mundo da perfumería fixámonos moito no deseño, na marca ou en cuestións que, en realidade, nos entran polos ollos pero son máis superficiais, sen prestar atención ao que de verdade importa. Non obstante, o máis importante dun perfume, a súa esencia, non se percibe a simple vista.
Así, queda oculto un montón de traballo e un proceso moi complexo que é indispensable para conseguir uns resultados óptimos: a selección dos mellores ingredientes, o labor de profesionais de todo o mundo, horas de esforzo e talento dos nosos especialistas... en definitiva, a calidade dun perfume, a súa esencia e aquilo que o fai único.
Como é o proceso de elaboración dun cosmético ou dun perfume?
En primeiro lugar, prodúcese unha fase de captación, na que os nosos especialistas de produto recollen toda a información do que necesitan/queren os nosos clientes, falando directamente con eles e escoitándoos.
Esa información trasládase a un xerente de compras para buscar os mellores provedores en todo o mundo, expertos de diferentes áreas (perfumes, cosmética, complementos, caixas, neceseres...) que nos permitan sorprender aos clientes, tanto en continente como en contido.
A continuación, chega o desenvolvemento do produto; partindo dos briefings das necesidades dos nosos clientes, utilízanse os mellores recursos e materias primas.
A partir de aí, xéranse propostas innovadoras, seguindo e creando tendencia, coas mellores ideas creativas, buscando a máxima excelencia para os consumidores.
Finalmente, recóllense as propostas dos provedores e faise unha selección das mellores, co obxectivo de que o resultado final sexa o que o cliente está buscando. Aspiramos a crear a mellor opción para ti.
Pecha os ollos para ver máis alá
Por iso, este ano invitámoste a pechar os ollos para ver máis alá. Desta forma, podes ser capaz de ver moito máis, de centrarte na esencia e no que conecta contigo, percibir ese cariño e traballo de tantos meses para ofrecerche o mellor produto para ti.
Porque, aínda que o que importa non se ve, en Mercadona temos moi claro que é importante.
Outras recomendacións
Sigue todas as novidades na sección de Perfumería da nosa web.