Presentámosche a Colección de Maquillaxe Supreme Deliplus, inspirada na elegancia e nas novas tendencias.

Colección de maquillaxe Supreme Deliplus Color

19 de novembro de 2020

Descubre a nova Colección de Maquillaxe Supreme Deliplus Color coas últimas tendencias. Pecha os ollos para ver o que realmente importa e sinte todo a elegancia que inspirou esta colección única de edición limitada. Porque “O que importa non se ve”.

Unha colección creada polos mellores especialistas para que brilles todo o ano.

Que produtos compoñen esta colección?

Aquí tes todos os produtos desta colección e as súas tonalidades versátiles para calquera época do ano.

  • Paleta de sombras de ollos e iluminadores.
  • Lote de pinceis.
  • Kit de sombras de ollos para o día.
  • Kit de sombras de ollos para a noite.
  • Perfilador de ollos.
  • Perfilador de labios.
  • Barras de labios.
  • Lacas de uñas.
  • Fluído iluminador de rostro e corpo.

Paleta de sombras de ollos e iluminadores

Texto 1 Imagen Cosmética

A Paleta Supreme, fermosa e práctica, rende homenaxe ás constelacións. Composta por:

  • 17 sombras de ollos
    • 14 sombras de acabado mate, satinado e perlado
    • 3 sombras top coat
  • 3 iluminadores faciais.
  • 1 paleta intercambiable de viaxe.
  • 1 folleto con tres looks paso a paso.
  • 1 tapa-espello con suxeición no interior.

Podes utilizar esta paleta de sombras como tocador suxeitando o espello. Contén unha paleta pequena na que se poden combinar as sombras e os iluminadores que queiras. As sombras están imantadas para evitar a súa caída e que sexa moi sinxelo intercambialas.

Lote de pinceis

Texto 2 Imagen Cosmética

Componse de:

  • Pincel para pos.
  • Pincel de maquillaxe.
  • Pincel para contorno.
  • Pincel de sombra.
  • Pincel biselado.
  • Funda para os pinceis.

Os pinceis son de pelo sintético e con mango de plástico efecto goma. A funda dos pinceis contén un apartado para introducir calquera pincel ou complemento extra que queiras incorporar.

Kit de sombras para día e noite

Texto 3 Imagen Cosmética

  • Un kit de sombras con tons para o día e outro con tonalidades para a noite. Cada un combina tres sombras con acabado mate, satinado e perlado, desenvolvidos en dúas harmonías de cores para unha maquillaxe completa.
  • Formato de tres pisos que se despraza.
  • Textura po compacto con gran pigmentación.

Perfilador de ollos

  • Perfilador automático n.º 01 Negro con escintileos dourados.
  • Acabado mate.
  • Fácil de aplicar.
  • Contén un afiador de mina nun dos seus extremos.
  • Evita o seu uso na parte interna dos ollos

Perfilador de labios

Texto 4 Imagen Cosmética

  • Perfilador automático N.º 02 Vermello.
  • Acabado mate.
  • Fácil de aplicar.
  • Contén un afiador de mina nun dos seus extremos.

Consello de uso: perfila o contorno dos labios e enche para unha maior duración da pintura labial.

Barras de labios

  • Barra de labios Elastic mate
    • En 2 tons: N.º 01 Vermello e N.º 02 Morado.
    • Barra mate con grande adherencia e elasticidade que permite unha aplicación controlada e evita que a cor migre.
  • Barras de labios Diamond
    • N.º 01 Vermello.
    • Recubrimento exterior da mina con efecto diamante.
    • Textura cremosa.
    • Acabado metálico.
    • Consello de uso: pode aplicarse soa ou enriba doutra pintura labial para achegar un efecto diamante.

Lacas de uñas

Texto 5 Imagen Cosmética

Lacas de uñas con cores tendencia de tempada.

En 3 tons:

  • Vermella N.º 958.
  • Dourada N.º 960.
  • Morada N.º 959.

Consello de uso: aplicaremos dúas capas de esmalte deixando secar o produto entre as aplicacións.

Fluido iluminador

Texto 6 Imagen Cosmética

  • Para rostro e corpo.
  • Textura lixeira.

Modo de uso: axita antes de usar. Para aplicalo poñeremos unha pequena cantidade no dedo ou na brocha e estenderémolo polas zonas que queiramos resaltar (pómulos, ombros e escote...).

EDICIÓN LIMITADA: produtos dispoñibles nas nosas tendas só ata esgotar existencias. Ven descubrilos!

Outras recomendacións

Na Perfumería de Mercadona, o que importa non se ve... pecha os ollos e descúbreo!