AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Aprende a técnica do contouring en 5 pasos con este vídeo-tutorial.

Contouring en 5 pasos

07 de xuño de 2019

A técnica do Contouring axuda a dar luz e definir os trazos do rostro xogando con tons claros e escuros.

Desta forma, iluminando ou creando efectos de sombra (xogo de luces e sombras), podemos resaltar determinadas zonas do noso rostro que nos interesen, como nariz, pómulos, fronte, queixo, etc.

Os tons máis escuros resérvanse para as zonas máis afundidas do rostro que non nos interesa destacar, mentres que os luminosos se aplican nas zonas ás que se lles queira dar maior protagonismo.

Neste vídeo-tutorial ensinámosche como realizar o Contouring no teu rostro.

Pasos que hai que seguir para unha correcta aplicación do Contouring

En cinco sinxelos pasos podemos aproveitar ao máximo esta técnica de maquillaxe. Enumerámoschos a continuación:

Texto 1 Imagen contouring

1. Aplicar o corrector fixo e cubrinte para corrixir imperfeccións nas pálpebras, na fronte, no queixo, nas comisuras dos labios…

Texto 2 Imagen contouring

Texto 3 Imagen contouring

2. Usar a base de maquillaxe mate nas diferentes zonas do rostro estendéndoa dende dentro cara a fóra.

Texto 4 Imagen contouring

Texto 5 Imagen contouring

3. Aplicar o pincel iluminador para dar luz e resaltar pómulos, cellas, fronte, nariz, comisura dos labios e queixo. Esfumar con pequenos toques dos dedos.

Texto 6 Imagen contouring

Texto 7 Imagen contouring

4. Selar a base con pos translúcidos.

Texto 8 Imagen contouring

5. Cunha brocha de maquillaxe, aplicar os pos de sol na zona máis afundida das meixelas, marcando os pómulos. Debuxar unha liña ascendente cara ao nacemento do pelo e á sen.

Texto 9 Imagen contouring

Como ves, o contouring é unha técnica fácil e rápida de realizar, non esperes máis e, luce rostro bonito este verán!

Outras recomendacións

Este verán, coida a túa pel con estes Consellos para unha protección solar adecuada.