AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Penso Compy Supreme Gatos Esterilizados-Light, os nutrientes que necesita para unha vida saudable e sen exceso de peso.

Penso Compy Supreme Gatos Esterilizados-Light

13 de septembro de 2018

Os gatos esterilizados teñen uns requisitos de alimentación moi específicos. Agora podes ofrecerlle o penso adecuado para as súas necesidades nutricionais con Compy Supreme Gatos Esterilizados-Light de Mercadona.

Este penso Compy está elaborado de forma específica para os gatos esterilizados, que por norma xeral tenden ao exceso de peso porque o seu metabolismo incítaos a aumentar a inxestión de alimento, ademais de que teñen menos necesidades enerxéticas.

Por iso, o penso Compy Supreme Gatos Esterilizados-Light conta cos nutrientes diarios necesarios para a mascota da casa, ao mesmo tempo que lle axuda a controlar o seu peso.

Ingredientes do penso Compy Supreme Gatos Esterilizados-Light

A alimentación é un dos principais elementos que axudan a que un gato goce dun estado saudable durante moitos anos. Por iso o penso Compy Supreme Gatos Esterilizados-Light desenvolveuse por veterinarios expertos en nutrición de animais de compañía, que identificaron os ingredientes necesarios para estes animais.

Compy Supreme Gatos Esterilizados-Light conta cos seguintes ingredientes:

  • Polo fresco: Fonte de proteína moi dixerible e ademais saborosa para motivar o apetito do gato. Serve para o mantemento da súa masa muscular.
  • Aceite de peixe: Fonte de DHA, un ácido graxo esencial, que axuda a manter a función cognitiva do cerebro.
  • Cebada integral hidrolizada: Consiste nun carbohidrato de asimilación lenta. Xunto co arroz integral, achega a cantidade necesaria de fibra á súa dieta.

Gatos esterilizados ou con exceso de penso: Guía de alimentación

Os gatos que foron esterilizados ou que padecen exceso de peso, requirirán unha cantidade de comida diaria en función tanto do peso que teñen, como de factores fisiolóxicos, como a súa raza, a actividade que realizan ou as diversas condiciones ambientais.

Ademais de identificar a cantidade diaria recomendada para a mascota, tamén é recomendable repartir o alimento entre 2 e 3 tomas ao longo do día, para garantir unha alimentación equilibrada.

Pienso Compy Supreme Gatos Esterilizados Tabla gallego

Se se vai introducir un novo penso na dieta do animal, hai que ter en conta que os gatos son moi sensibles a estes cambios. Algúns animais ata o rexeitan, ou dan lugar a casos de diarrea ou vómitos, cando o cambio de alimentación é demasiado brusco.

A mellor forma de introducir un novo penso na súa alimentación é facelo de forma gradual, reducindo progresivamente a súa alimentación actual e engadindo o novo alimento durante a primeira semana, ata que se converta na súa alimentación exclusiva

Calidade do penso Compy Supreme Gatos Esterilizados-Light

O penso Compy Supreme Gatos Esterilizados-Light non só ofrece a mellor alimentación específica para as necesidades destes animais, senón que ademais conta con todos os beneficios engadidos que ofrece a calidade do penso Compy:

  • FOS e paredes de lévedos (MOS e B-Glicanos): Serven para favorecer o sistema inmunolóxico do animal.
  • Taurina: Achega extra deste ingrediente, útil para un mellor funcionamento e desenvolvemento da visión e do corazón.
  • L-Carnitina: Axuda a controlar un peso adecuado minimizando a acumulación de graxa corporal nos gatos.
  • Biotina, cobre e zinc quelado: Os mellores ingredientes para manter a saúde do pelo e da pel do animal.
  • Extractos de cítricos, Vitamina C e Vitamina E: Antioxidantes que reforzan os mecanismos de defensa naturais.
  • Yucca schidigera e FOS: Reducen o cheiro das feces e dos ouriños.

Co penso penso Compy Supreme Gatos Esterilizados-Light ofreceraslle ao teu gato esterilizado a mellor alimentación, coa que evitar que tenda ao exceso de peso e con todos os nutrientes necesarios para que goce dun bo estado de saúde.

Outras recomendacións

Un gato esterilizado tende a reducir a súa actividade física diaria. Para garantir que estea activo e feliz, motiva a realizar exercicio á túa mascota para aumentar a súa masa muscular e o gasto enerxético que evitará o exceso de peso. Tamén se recomenda un cepillado adecuado para eliminar pelos mortos e evitar bólas de pelo. Por descontado, non esquezas visitar regularmente o veterinario para garantir que o animal goza dun bo estado de saúde.

Para os gatos con tendencia ás bólas de pelo, proba o novo penso Compy Supreme Bólas de Pelo​ con fibras naturais, que motivan o arrastre e a expulsión de pelos inxeridos.

No caso de que o teu gato sufra con frecuencia cálculos urinarios, ofrécelle o penso Supreme Tracto Urinario​, cunha fórmula especial que reduce a aparición destes problemas.