Bolsas de 3 quilos e 1,5 quilos do novo penso Compy Supreme Senior-Light para cans de idade avanzada e cans con exceso de peso

Novo penso Compy Supreme Senior-Light

29 de maio de 2018

Os cans que xa entraron na etapa sénior ou avanzada vólvense máis sensibles aos efectos do paso do tempo. Así, pódese considerar que un can entra na etapa sénior a partir dos 8 anos nas razas pequenas, dos 7 anos nas razas medianas e dos 6 anos nas razas grandes. Aínda que é certo que os diferentes sistemas do organismo envellecen con distinta rapidez dependendo da raza, da atención sanitaria e da nutrición recibida ao longo da vida do animal, o coidado dos cans a partir desta idade vólvese máis especial.

Isto tamén se estende aos cans con exceso de peso. En ambos os casos a túa mascota necesita unha alimentación de alta calidade, fácil de dixerir, rica e completa en nutrientes, pero con menos calorías para axudarlle a controlar o seu peso.

O novo penso Compy Supreme Senior-Light para can é o alimento ideal para esta clase de animais, xa que foi formulado por expertos en nutrición de animais de compañía para adaptar o alimento a cans de todas as razas, segundo as súas necesidades.

Alimentación para cans sénior e/ou con exceso de peso

Para axudar a que o teu can se manteña en forma e san a medida que envellece, é fundamental que a súa dieta cumpra cos seguintes requisitos:

  • Nutricionalmente completa, para que subministre todos os nutrientes necesarios diarios. Achega entre un 28-30% (segundo o tamaño e a raza) de proteínas para axudar a manter a masa muscular, un óptimo nivel de fibra para saciar o apetito e unha densidade calórica menor achegando todos os ácidos graxos esenciais.
  • Concentrada, saborosa e de tamaño adaptado á súa raza para asegurarnos unha toma adecuada.
  • Moi dixestivo con ingredientes de moi alta calidade, como o ovo, que achega proteínas. Tamén o arroz integral e a cebada integral hidrolizada, que proporcionan enerxía, fibra e axudan a manter a sensación de saciedade durante máis tempo. E o polo fresco, incorporado no novo Compy Supreme Senior-Light en forma de pasta refrixerada sen tratamento térmico anterior, polo que mantén todas as súas calidades nutricionais.

Beneficios de Compy Supreme para o teu can

Ademais de levar na súa composición as mellores materias primas, o novo penso Compy para can proporciona unha serie de beneficios ideais para a etapa sénior do can:

  • Omega 3 para axudar a manter a función cognitiva do cerebro.
  • Prebióticos (FOS e MOS) para favorecer o sistema inmunolóxico.
  • Vitamina B6 para a formación de coláxeno (articulacións en bo estado) e L-Carnitina para axudar a controlar un peso adecuado.
  • Biotina e Zinc quelado para colaborar á boa saúde do pelo e da pel.
  • Vitamina C e E, Selenio, Taurina, Beta-Carotenos, fariña de flor de Marigold como achega de antioxidantes para reforzar os mecanismos de defensa naturais.

Calidade do penso Compy

Os veterinarios expertos en nutrición de animais de compañía do fabricante especialista Bynsa son os encargados de desenvolver todos os produtos Compy, cuxa finalidade é garantir unha dieta equilibrada e completa coa achega dos nutrientes necesarios para a túa mascota cada día. Os rigorosos controis de calidade dende o inicio do proceso ata a elaboración final do produto garanten a máxima calidade do penso Compy.

Non esquezas que para que a túa mascota estea activa e feliz debe realizar exercicio diariamente e visitar o veterinario para asegurar que goza dun estado de saúde óptimo.

Outras recomendacións

Se o teu can está aínda na etapa de crecemento dun cachorro, recomendámosche o novo Compy Supreme para cachorros. A gama de pensos Compy Supreme tamén se ampliou co novo Compy Supreme para cans de razas pequenas.