Unhas articulacións en boas condicións e uns músculos desenvolvidos favorecen o movemento e melloran a calidade de vida da nosa mascota. É por mor disto que os pensos Compy Supreme para cans incorporan ingredientes específicos para o coidado articular do seu can, para alén de niveis axeitados de vitaminas B6 e C e L-carnitina, que favorecen o mantemento dunhas articulacións en bo estado.
Como coidar as articulacións da túa mascota
As vitaminas C e B6 axudan na formación do coláxeno ao promoveren a súa síntese. A vitamina C axuda a reducir o risco de perda de cartílago e a progresión da artrite. Os procesos de inflamación na artrite reumatoide están relacionados con niveis baixos de vitamina B6 en sangue, polo que unha achega desta vitamina axuda a reducir os procesos inflamatorios asociados aos problemas articulares.
A L- carnitina axuda a minimizar a acumulación de graxa corporal, contribuíndo a conservar unha masa muscular proporcionada e un peso axeitado e favorecendo, deste xeito, o mantemento das articulacións en boas condicións. Isto presenta unha grande importancia, pois os problemas de sobrepeso poden resultar moi prexudiciais, especialmente en razas grandes durante o desenvolvemento.
Compy Supreme para razas medianas e grandes
Ademais, os pensos Compy de Mercadona para cans de razas medianas e grandes como son “Compy Supreme cadelos 3 kg”, “Compy Supreme Salmón e Arroz 3 kg” e “Compy Supreme Polo e Arroz 3 kg”, incorporan tamén sulfato de condroitina e glicosamina.
O sulfato de condroitina repercute sobre os compoñentes do cartílago, axudando a incrementar a síntese de proteoglicanos e do ácido hialurónico, para alén de presentar un efecto protector dos compoñentes do cartílago. Por outra parte, a glicosamina incide a nivel celular, axudando a eliminar os radicais libres e bloqueando a acción dos encimas responsables da degradación do cartílago, alén de posuír un efecto antiinflamatorio. É por iso que ambos os ingredientes están implicados quer no mantemento quer na formación do coláxeno do cartílago.
Os beneficios dos pensos Compy Supreme contribúen a mellorar a saúde articular do teu can, ademais de alimentar mellor o seu futuro grazas a unha dieta que inclúe ingredientes seleccionados e altamente nutritivos para unha vida activa e plena.
Outras Recomendacións:
Coñeces a nova gama de pensos Compy para cans? Descubre Compy Supreme con carne e peixe frescos.
Unha das nosas recomendacións de lectura é a nosa publicación sobre os procesos de calidade do penso de Mercadona.
E, se procurares snacks para a túa mascota, recomendámosche os Snacks Compy para a limpeza dental con efecto cepillado.