Descubre os nosos limpadores para madeira máis eficaces.

Tres limpadores para deixar a túa madeira limpa e relucente

15 de novembro de 2023

Con que limpas as superficies de madeira do teu fogar? Ben sexa para eliminar o po dos teus mobles, sacarlles brillo aos teus chans ou coidar as túas portas de madeira, debes ter presente que se trata dun material delicado. Para manter o seu aspecto impecable e prolongar a súa vida útil, debes limpala con sumo coidado e cos produtos adecuados.

Incluso a madeira da mellor calidade acaba estragándose se non se coida. En Mercadona temos as mellores opcións para que luza sempre en óptimas condicións, tanto se se trata de limpeza a fondo como dun mantemento regular. Dispoñemos de diferentes produtos específicos, limpadores en xabón, opcións en spray, con cera...

Queres descubrilas? Sigue lendo e mantén as túas superficies de madeira en perfecto estado!

Cales son os mellores produtos Mercadona para a limpeza e o mantemento da madeira?

Limpador xabonoso para madeira

Limpiador jabonoso para madera Bosque Verde

Un produto que realza a beleza natural da madeira e garante unha limpeza e protección sen rastros, co mellor acabado. Específico para o coidado de parqués, laminados, portas e mobles...

Se queres limpar en profundidade o parqué de madeira, esta é unha excelente opción. Utilízao cada 7-10 días diluído con auga e cunha fregona ben escorrida.

Modo de empleo Limpiador jabonoso para madera Bosque Verde

Modo de emprego

  • Diluído: 2 tapóns en medio caldeiro de auga morna (5 l). Non necesita aclarado.
  • Sen diluír: verte sobre unha baeta húmida e aplica. Aclara.

Precaucións de uso

  • No o uses en madeira sen vernizar.
  • Non o uses sobre superficies de madeira tratadas con ceras, aceites ou vernices non lavables.

Limpador de mobles e parqué

Limpiador de muebles y parquet Bosque Verde

Limpa, coida e nutre a madeira grazas á súa fórmula con axentes limpadores e ceras naturais.

Recomendámolo para o mantemento diario do parqué de madeira, pulverizándoo na mopa. Nutre e mantén sen necesidade de utilizar auga.

Modo de empleo Limpiador de muebles y parquet Bosque Verde

Modo de emprego

  • Para mobiliario ou parqué con mopa: pulveriza sobre un pano suave e limpo e estende uniformemente sobre a superficie que vas limpar, despois seca.
  • Para parqué con fregona : pulveriza 5 veces en medio caldeiro de auga (5 l) ou 1 vez sobre a mopa e pásaa como o fas habitualmente.

Precaucións de uso

  • Nos apliques sobre superficies de madeira sen vernizar nin tratar.
  • Non utilices en superficies enceradas.

Limpador de mobles con cera

Limpiador de muebles con cera Bosque Verde

Limpa, nutre, abrillanta, coida e protexe os mobles de madeira, portas, armarios, etc., cun efecto brillo moi duradeiro.

Recomendado para unha limpeza rápida dos mobles de madeira. Tamén funciona correctamente sobre plástico. Indicado para utilizar sobre superficies vernizadas.

Modo de emprego

  • Axita o envase, pulveriza co aerosol en posición vertical, sobre un pano seco e limpo. Frega a superficie que vas limpar.

Precaucións de uso

Non recomendado para madeiras sen vernizar nin en parqué.

Outras recomendacións

Descubre o noso Deterxente hipoalerxénico perfumado, apto para todo tipo de peles.

Anímate a limpar e organizar a túa neveira e conxelador. Con esta guía serache moi fácil.

Coñece a nosa gama de Ambientadores de coche, para colgar ou con difusor.