Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Unha fragrancia agradable no teu coche cos Ambientadores de Coche Bosque Verde de Mercadona.

Modo de uso ambientadores de coche

01 de abril de 2019

Probaches os nosos Ambientadores de Coche? Co uso cotián e co paso do tempo o olor do interior dos vehículos tende a viciarse e chega a resultar molesto. Cos Ambientadores de Coche Bosque Verde que encontrarás en Mercadona poderás darlle unha fragrancia agradable ao teu vehículo.

Ambientadores de Coche Bosque Verde en Mercadona

Os Ambientadores de Coche Bosque Verde contan con diferentes fragrancias para que escollas a que máis che guste. Ofrecemos 3 aromas distintos para todos os gustos. Descúbreos!

Ambientadores para colgar no retrovisor do coche

Ambientadores retrovisor

A fragrancia destes ambientadores de coche para colgar difúndense a través do seu tapón de madeira. A través dela proporciónase un agradable ambiente perfumado no interior do teu coche. Tres clases de fragrancias dispoñibles:

  • Froitos Silvestres: fragrancia de aromas azucrados e zumarentos dunha cesta de froitas acabadas de recoller.
  • Bali: irresistible fragrancia floral introducida por unhas refrescantes notas acuosas. Esta fragrancia presume dun delicado corazón floral de rosa e lirio do val, e un rico fondo amadeirado moldeado polos almiscres.
  • Happy: fragrancia fresca, enérxica e chispeante que combina un zumarento acorde afroitado cun sofisticado buqué floral sobre suave base de melocotón e vainilla.

Modo de uso

  1. Desenroscar a madeira do vidro e extraer o tapón de plástico da botelliña de vidro.
  2. Volver enroscar ata o final a parte superior de madeira á botelliña de vidro.
  3. Atar a botella ao retrovisor sen ningún outro obxecto colgante. Axustar a lonxitude do cordón de forma que o ambientador non chegue a golpear o cristal do coche. Utilizar unicamente no retrovisor.
  4. Xirar a botella durante 3 segundos cada 4 días (Non xirar máis de 3 segundos). Realizar esta operación sempre que se desexe intensificar o perfume. Unha vez esgotado o produto, substituír por un novo. Non reutilizar o tapón.

Outras recomendacións

A continuación recomendámosche unha serie de produtos para a limpeza do teu fogar.