Presentámosche a nosa familia de suavizantes da roupa, agradables e con perfume duradeiro.

Tacto agradable e aroma duradeiro cos nosos suavizantes da roupa

16 de abril de 2024

Probaches a nosa liña de suavizantes da roupa? Ofrecémosche unha variedade de opcións, deseñadas para deixar as túas pezas de roupa cun tacto agradable e suave, coma novas, con diferentes perfumes duradeiros.

A fragrancia concentrada dos nosos suavizantes mantén o seu aroma nas pezas de roupa en todo momento. Isto conséguese grazas ás microcápsulas de perfume que o van liberando progresivamente na túa roupa, brindándoche unha sensación de frescor permanente.

Descubre todas as opcións dos nosos suavizantes da roupa

Unha pequena cantidade destes suavizantes é suficiente para conseguir uns resultados inmellorables. Deixan a roupa esponxosa, facilitando a pasada de ferro e reducindo a electricidade estática. Con diferentes aromas, son aptos para todo tipo de tecidos e coidan as túa roupa.

Suavizante concentrado Colonia

Suavizante concentrado Colonia Mercadona

Unha explosión fresca e plena de enerxía que evoca os aromas da infancia.

Suavizante concentrado Azul

Suavizante concentrado Azul Mercadona

Mergúllate nun mar de frescura con cada lavado, que deixa a túa roupa cun aroma limpo e revitalizante.

Suavizante concentrado Talco

Suavizante concentrado Talco Mercadona

Coida a túa roupa cunha suavidade reconfortante que te envolve nunha sensación de frescura e pureza.

Suavizante concentrado Floral

Suavizante concentrado Floral Mercadona

Un ramallete de fragrancias florais na túa roupa, que enche o teu día de alegría e frescura.

Suavizante concentrado Nutrive

Suavizante concentrado Nutrive Mercadona

Nutre e suaviza as túas pezas de roupa cun delicado e fresco aroma doce.

Suavizante concentrado Spa

Suavizante concentrado Spa Mercadona

Unha experiencia de frescura e benestar, impregnada dun aroma suave e relaxante.

Suavizante concentrado Hipoalerxénico

Suavizante concentrado Hipoalergénico Mercadona

Unha opción cun suave perfume, apta para todos. Desenvolvido para minimizar as posibles reaccións adversas na nosa pel tras o uso do suavizante.

Outras recomendacións

Se necesitas potenciar o aroma da túa roupa, podes utilizar o noso Perfumador con calquera dos nosos suavizantes.

Proba as combinacións perfectas de deterxentes e suavizantes e descubre cal é o que máis che gusta.

E se o que necesitas é saber que deterxente se adapta mellor ao teu tipo de roupa, este consello é para ti.