Cabecera detergente

Deterxente de Mercadona, máxima limpeza para roupa branca e de cor

16 de abril de 2024

Coñeces os nosos Deterxentes para lavadora? Cal utilizas para a túa coada? Se buscas unha limpeza impecable en cada lavado, a elección do deterxente adecuado ten unha importancia fundamental.

A nosa selección de deterxentes para lavadora garánteche unha limpeza a fondo e duradeira en cada carga. Dende as manchas máis difíciles ata o coidado das cores, dos tecidos e as solucións para peles sensibles; non se nos escapa detalle. Descubre a diferenza que supón lavar cun deterxente de calidade superior e prepárate para un resultado perfecto.

Lava a túa roupa cos nosos deterxentes para lavado a máquina

Deterxentes diluídos

Goza de roupa sempre limpa e fresca cos nosos deterxentes diluídos, os máis populares hoxe en día. Son similares aos deterxentes en po, pero ao estaren diluídos disólvense facilmente na auga da lavadora, asegurando unha distribución uniforme e unha acción de limpeza completa. Así mesmo, evítase a aglomeración e o desperdicio de produto. Dispoñemos de varias opcións, para uso diario e específicas, que cobren calquera necesidade.

Uso diario

Detergentes diluidos Mercadona

  • Frescura Azul, Marsella e Colonia: son tres deterxentes deseñados coa mesma eficacia de limpeza, pero con diferente perfume. Perfectos para o seu uso con roupa branca e de cor, non só eliminan a sucidade, senón que deixan as túas pezas de roupa cun aroma irresistible. Ademais, o deterxente Colonia é hipoalerxénico, específico para peles sensibles, alerxias e incluso a pel do bebé.
  • Roupa branca e de cor: un deterxente cun extraordinario poder antimanchas e enriquecido con axentes iluminadores que revitalizan a túa roupa. Non só achega brillo e luminosidade en pezas brancas e de cor, senón que incorpora unha avanzada tecnoloxía encimática que elimina as manchas. Cativarate o seu aroma duradeiro, que perdura nas túas pezas grazas ás microcápsulas de perfume que se activan coa fricción do uso da roupa.

Específicos

  • Coidado das cores: estes deterxentes específicos preservan as cores orixinais das túas pezas lavado tras lavado, xa que non conteñen substancias branqueadoras nin axentes que fixan pigmentos aos tecidos. Así, evitan a descoloración e o desgaste prematuro mantendo a túa roupa sempre chea de vida.

Detergentes específicos Mercadona: color y Ropa oscura

  • Cor: formulado con potentes protectores de cor que evitan a perda de intensidade. Contén encimas moi eficaces que axudan a eliminar as manchas máis difíciles, sen que se resintan as cores. Non obstante, é importante ter en conta que non está deseñado para manter os brancos como o Deterxente Branco e Cor, polo que se recomenda o seu uso exclusivamente en roupa de cores.
  • Roupa escura: a roupa escura tende a perder a súa intensidade e o seu brillo orixinais, sobre todo despois duns cantos lavados. Grazas aos potentes axentes fixadores deste produto específico, as pezas escuras conservan o seu ton orixinal moito máis tempo. Confía no noso deterxente especialmente deseñado para roupa escura e lévaa sempre coma nova.
  • Coidado de tecidos: deseñados para limpar as túas pezas favoritas, mantendo a súa textura e suavidade orixinais. Mantén as túas pezas en óptimas condicións.
  • Pezas delicadas: este deterxente foi coidadosamente desenvolvido para proporcionar o máximo coidado e protección aos teus tecidos máis sensibles. Ben sexa la, seda, viscosa, lycra, pezas técnicas, acabados aveludados ou bordados, mantén a calidade das túas pezas e déixaas suaves, esponxosas e perfumadas. Está especialmente formulado para evitar a formación de bóliñas ou que se deforme a roupa, preservando a integridade e elasticidade orixinais. É importante utilizar o programa de lavado adecuado para este tipo de pezas, seguindo as recomendacións de coidado específicas de cada unha delas.

Detergentes específicos Mercadona: prendas delicadas

  • Para peles sensibles ou atópicas: ofrecémosche dúas opcións especialmente deseñadas para as peles máis sensibles ou delicadas, incluídas as dos bebés. Ademais de brindar un coidado óptimo para a pel, ambos os dous deterxentes coidan os tecidos con mimo, polo que tamén son adecuados para o lavado de pezas delicadas.

Detergentes específicos Mercadona: para pieles sensibles o atópicas

  • Peles sensibles: unha opción suave e segura para o coidado da túa pel. Testado dermatoloxicamente e formulado sen perfume, encimas, colorantes nin conservantes sensibilizantes. Ideal para as peles máis delicadas, tamén as dos máis pequenos, e para peles atópicas.
  • Deterxente Colonia Hipoalerxénico: outra opción perfecta para o coidado da pel. Tamén testado dermatoloxicamente e adecuado para as peles máis sensibles, incluídas as dos bebés. O seu perfume, agradable e duradeiro, envolve as túas pezas coa súa frescura. Ademais da súa acción suave para a pel, é altamente eficaz contra as manchas máis difíciles e pode utilizarse con roupa branca e de cor, así como en todo tipo de tecidos.

Deterxentes en po

A opción máis tradicional para o lavado da roupa. A súa formulación en po contén partículas cun alto poder de arrastre, polo que son especialmente efectivos na eliminación de manchas difíciles. A nosa liña de deterxentes en po inclúe dúas opcións: Branco e Cor, e Marsella. Basicamente, diferéncianse no seu aroma.

Detergentes en polvo Mercadona

Deterxentes concentrados

Unha excelente alternativa para espazos de almacenamento reducidos e para transportar con máis facilidade. Son igual de efectivos que os diluídos, pero, ao seren máis concentrados, conséguese unha maior eficacia con menos cantidade de produto.

  • Deterxente concentrado líquido: poderosa solución para roupa branca e de cor. A pesar de ser líquido, ten un alto nivel de concentración, que fai que se gaste menos produto en cada lavado.

Detergente concentrado líquido Mercadona

  • Cápsulas: é a opción máis práctica e funcional. Estas cápsulas contan cun gran poder antimanchas e están enriquecidas con axentes iluminadores que realzan a luminosidade das túas pezas de roupa. Ademais, ofrecen protección para as cores e conteñen branqueador óptico para manter os teus brancos inmaculados. Grazas á súa fórmula altamente eficaz, garanten unha limpeza a fondo en cada lavado. Mentres, as súas microcápsulas de fragrancia encárganse de deixar un agradable e duradeiro perfume nas túas pezas. Para garantir unha correcta disolución, é importante colocar a cápsula na parte baixa do tambor da lavadora, antes de engadir a roupa.

Detergente cápsulas Mercadona

Recomendacións para un correcto lavado a máquina

  • Le detidamente as instrucións proporcionadas no envase antes de utilizar calquera produto de lavado. Cada produto pode ter indicacións específicas sobre o seu uso adecuado e a cantidade recomendada que se debe utilizar.
  • Sigue as indicacións do fabricante de cada peza indicadas na etiqueta. Estas indicacións poden incluír instrucións sobre a temperatura de lavado, o tipo de ciclo recomendado, etc.
  • Non mestures cores intensas e claras para evitar transferencias. Con esta medida prevés manchas non desexadas e mantés a aparencia orixinal das pezas.
  • Asegúrate de lavar a roupa á temperatura adecuada segundo o tipo de tecido e o nivel de sucidade. O lavado a temperaturas incorrectas pode afectar a integridade das fibras e reducir a vida útil das pezas de roupa.
  • Non enchas o tambor da lavadora máis de 2/3 da súa capacidade. Un espazo adecuado no tambor permite que a auga e o deterxente circulen libremente arredor da roupa, asegurando unha limpeza óptima.
  • Se as túas pezas de roupa teñen manchas difíciles, é recomendable tratalas previamente antes de lavalas. Isto pode implicar o uso dun quitamanchas ou aplicar deterxente directamente sobre a mancha e deixalo actuar durante un tempo antes de lavar a peza.

Outras recomendacións

Buscas un produto eficaz para eliminar as manchas difíciles das túas pezas de roupa?

Un quitamanchas ntural, cun potente efecto branqueador, é o Percarbonato branqueador.

Ambienta o teu fogar coas nosas Variñas difusoras e as súas diferentes fragrancias para elixir.