Pensaches en facer limpeza das túas tapicerías e alfombras? Agora que pasamos máis tempo na casa, podemos dedicarnos máis á limpeza e posta a punto do noso fogar. Así adiantamos traballo de cara á chegada do verán. Este pode ser un bo momento para facer o cambio de téxtiles e, entre outras cosas, aproveitar para:
- Quitar alfombras, limpalas e gardalas.
- Aspirar e limpar sofás ou cadeiras de brazos en profundidade.
- Quitar ou limpar en profundidade coxíns gordos, etc.
Para iso, necesitas coñecer os produtos adecuados e o mellor método de uso.
Limpatapicerías escuma seca
Este produto limpa en seco a sucidade de toda clase de tecidos. Actúa depositando unha capa de escuma que disolve e absorbe a sucidade.
En que superficies se pode aplicar?
Pódese usar sobre todo tipo de tecidos naturais ou sintéticos, a excepción de tapicerías antigas e tapices artísticos.
Algúns tecidos teñen tintas moi delicadas, polo que se recomenda facer unha proba nun lugar non visible antes de utilizar o produto por primeira vez.
Modo de uso
1. Usar guantes, aspirar ou cepillar as superficies que hai que limpar para retirar o po.
2. Axitar o envase e pulverizar, co aerosol en posición vertical, sobre o tecido que hai que limpar.
3. Fregar cunha esponxa húmida e aclarar conforme se ensucie.
4. Deixar secar completamente.
5. Aspirar ou cepillar os restos do produto sobrante.
Un truco: para evitar diferenzas de ton e cercos, é recomendable aplicar sobre toda a superficie en lugar de limpar só a zona manchada.
Limpatapicerías e alfombras con escuma activa
Serve para a limpeza xeral ou localizada destes elementos da casa.
En que superficies se pode aplicar?
É ideal para a limpeza de sofás, cadeiras, cadeiras de brazos, coxíns, colchóns e alfombras.
Advertencias de uso:
- Evitar o contacto da alfombra co chan durante a limpeza e o secado.
- Aplicar en manchas recentes.
- Non aplicar directamente sobre botóns, pezas metálicas, nin en tapicerías de seda, alfombras de cánabo, esparto ou fibras naturais nin orientais nas que se recomende o lavado en seco, nin en asentos de pel.
- Comprobar a solidez da cor nunha parte non visible da superficie.
- Conservar nun lugar fresco e seco, sen luz solar directa.
- Usar guantes: o produto, en contacto coa pel, pode causar manchas abrancazadas. Hai que lavalas con auga e desaparecerán ao cabo duns minutos.
- Non mesturar con lixivia nin outros produtos de limpeza.
Modo de uso
Para manchas localizadas en tapicerías:
1. Usar guantes, eliminar o exceso de sucidade cun trapo ou cunha esponxa.
2. Pulverizar un par de veces o produto sobre a mancha e deixar actuar cinco minutos.
3. Retirar o exceso de produto cun trapo ou cunha esponxa limpa, que non destinga.
4. Aclarar abundantemente a zona cun pano húmido ata que desapareza a escuma.
Para manchas localizadas en alfombras:
Aspirar a alfombra e proceder do mesmo xeito que coas tapicerías.
Para limpeza xeral (uso diluído):
1. Diluír nun caldeiro ou barreño unha cunquiña de produto (50 ml) en medio litro de auga.
2. Aplicar o produto, fregando cun cepillo ou cunha esponxa, sobre a superficie que hai que limpar.
3. Retirar o exceso de produto cun trapo ou cunha esponxa que non destinga.
4. Aclarar abundantemente a zona ata que desapareza a escuma.
Outras recomendacións
Para unha limpeza e desinfección profunda de toda a casa utiliza o noso Multiúsos con lixivia.