Sabes cal é a forma adecuada de limpar o teu coche? Agora que chegan uns días de vacacións convén poñer o noso vehículo a punto. E unha das cousas máis importantes é coidar a limpeza.
Descubre como facer unha limpeza perfecta do teu coche, tanto exterior como interior, e os mellores produtos para limpar o cadro de mandos, a tapicería, o parabrisas, etc. Prepara o teu coche para o verán!
Produtos básicos para limpar o teu coche
A continuación presentámosche unha serie de produtos necesarios para limpar o teu coche e deixalo en perfecto estado.
Limpacadros de mando
Aprende a utilizar este útil spray para limpar os cadros de mando:
- Superficies onde se pode aplicar
Limpa e renova todo tipo de superficies de plástico, coiro, skai, propias do cadro de mandos, asentos, portas, etc.
- Modo de emprego
Para deixar coma novas estas superficies basta con axitar e pulverizar sobre un pano. Acto seguido, pasalo pola superficie que queiramos limpar.
- Efecto antiestático
O seu efecto antiestático evita que o po se adhira sobre as superficies tratadas.
Limpaparabrisas
Principais características deste produto:
- Superficies onde se pode aplicar
Espellos, cristais, faros do coche...
- Modo de emprego
Engadir directamente no depósito do lavaparabrisas do coche.
- Modo de emprego alternativo: cunha baeta de microfibra, limpar os faros do coche e os cristais.
- Resistente ás baixas temperaturas
O limpaparabrisas Bosque Verde resiste temperaturas de ata
-10º, isto evita a conxelación dos parabrisas.
Advertencia: non diluír se hai risco de xeadas.
Limpatapicerías
Utiliza este produto segundo as nosas indicacións:
- Superficies onde se pode aplicar
Todo tipo de tecidos naturais ou sintéticos, a excepción de tapicerías antigas e tapices artísticos.
- Modo de uso
Limpa en seco a sucidade de toda clase de tecidos depositando unha capa de escuma limpadora que disolve e absorbe a sucidade.
Antes de aplicar o produto, é recomendable realizar unha proba nun sitio pouco visible para comprobar que non dana a superficie.
Como limpar esas superficies
1. Aspirar ou cepillar as superficies que hai que limpar para retirar o po.
2. Axitar o envase e pulverizar co aerosol en vertical sobre o tecido que hai que limpar.
3. Fregar cunha esponxa húmida e aclarar conforme se ensucie.
4. Deixar secar completamente.
5. Aspirar ou cepillar os restos do produto sobrante.
Para evitar diferenzas de ton e cercos é recomendable aplicar sobre toda a superficie en lugar de limpar só a zona manchada.
Ambientador para o coche
Pasos que hai que seguir:
1. Despegar a película protectora de aluminio da recarga, tirando da pestana situada na parte de arriba desta.
2. Inserir a recarga no difusor ata oír un “clic” (así a recarga está correctamente posta).
3. Cerrar a asa ata oír o “clic”.
4. Enganchar a pinza no lugar correspondente, situado na parte posterior do produto
5. Elixir entre dúas direccións posibles respecto ao modelo de reixa de ventilación do coche.
6. Colocar o ambientador na reixa de ventilación coa tapa cerrada do difusor situada cara a arriba.
Duración: catro semanas
Produto dispoñible en tres variantes: Lima, Marine, Exótico.
Outras recomendacións
Cánsanseche os pés? Proba as nosas soletas de calzado e descubrirás unha nova sensación de benestar.