Cres que hai manchas imposibles de limpar? Iso é porque aínda non empregas o noso Borrador máxico. É un produto moi útil, práctico e polivalente para a limpeza de diferentes superficies do teu fogar.
O Borrador máxico elimina de forma fácil e rápida as manchas e rozaduras de paredes, portas, rodapés e unha infinidade de superficies. Queres aprender a empregalo?
Características do Borrador máxico
O Borrador máxico é un un estropallo especial. Está composto por unha cara A de cor branca e unha cara B de cor vermella. Coa parte branca eliminamos a sucidade máis difícil e coa parte vermella retiramos posibles residuos.
Modo de emprego
O primeiro paso será humedecer o Borrador máxico con abundante auga e escorrelo ben ata que non gotee. Tras este primeiro paso, fretaremos suavemente, coa cara branca, a superficie que queremos limpar. Unha vez limpa a superficie, retiraremos coa esponxa vermella posibles residuos que puideran quedar.
Recorda facer unha proba nunha pequena superficie antes de empregalo. Non se recomenda o seu uso en superficies moi delicadas, como pantallas de televisión, mobles de madeira con verniz ou vitrocerámicas.
Que utilidades ten o Borrador máxico?
O Borrador máxico é un produto moi versátil que permite multitude de usos de limpeza.
Borrador máxico para a volta ao cole
Agora que estamos inmersos na volta ao cole e á rutina, é unha opción recomendable para manter a sucidade á raia.
- Paredes e portas: se as túas paredes ou portas son vítimas dun arranque artístico dos pequenos da casa, o Borrador máxico encárgase de solucionalo. Non importa que sexan marcas de cera, lapis ou rotuladores. Emprégao tamén para limpar calquera mancha de sucidade, rozaduras, rabuñadas, etc.
- Mochilas: as mochilas poden ter sufrido o seu durante o verán e precisan un bo repaso de cara á nova tempada. Este é o recurso ideal para limpalas facilmente.
- Estoxos de lapis: son obxectos que acumulan moita sucidade e que precisas ter listos para a volta ao cole. O Borrador máxico é unha excelente opción.
- Zapatillas deportivas: a superficie branca da goma da sola e a punteira quedan relucentes con este produto. Basta con fretar co Borrador humedecido e secar.
Borrador máxico para a limpeza do teu fogar
Pero o seu uso vai moito máis aló da volta ao cole. Entre outras superficies do fogar, dá un magnífico resultado en:
- Rodapés e outras zonas de paso: estas delicadas superficies, que sofren manchas de zapatos, rozaduras de carriños, etc., quedan como novas.
- Manchas de humidade en paredes e teitos: os restos de mofo e fungos desaparecen co sorprendente efecto máxico deste produto. Fretar enxugando con frecuencia.
- Manchas en cadeiras de polipel e sofás: nestas superficies, a sucidade elimínase de maneira instantánea co Borrador máxico.
- Manchas en interruptores: as típicas manchas de dedos que acaban amarelando ou escurecendo os interruptores saen á primeira fretando con este produto.
- Azulexos e xuntas de azulexos: elimina a sucidade dos azulexos e liquida rapidamente as molestas manchas de mofo e sucidade que aparecen nas xuntas dos azulexos.
- Marcas de queimado no ferro de pasar: as marcas da base do ferro de pasar debido ao uso continuado desaparecen con este potente limpador.
Precaucións
É aconsellable efectuar unha proba nunha pequena superficie, xa que é un produto microabrasivo. Non empregar na pel nin en ningunha parte do corpo. Mantéñase fóra do alcance dos nenos. Non inxerir.
Composición:
Espuma de poliuretano e espuma de melamina.
Outras recomendacións
Coñeces as melloras de calidade da nosa familia de Fregacháns? Comproba a eficacia da súa nova fórmula.
Se precisas un quitagraxas potente e versátil, recomendámosche o noso Quitagraxas sen espuma, eficaz en calquera superficie.
Despois das vacacións pode que o teu coche precise unha boa limpeza. Presta atención aos nosos consellos.