Descubre a calidade e utilidade dos nosos ambientadores de variñas difusoras. Próbaos!

Variñas difusoras, a forma máis natural de ambientar o teu fogar

27 de marzo de 2023

Queres darlle ao teu fogar un aroma fresco e agradable? Descubre as nosas variñas difusoras, a forma máis natural de ambientar a túa casa, con diferentes fragrancias a elixir.

Perfumes intensos e duradeiros. Ademais, son ideais como elemento decorativo para calquera espazo do teu fogar: entrada da casa, cuartos de baño, salóns...

Descubre a nosa familia de ambientadores de variñas

Os nosos ambientadores de variñas distínguense pola durabilidade do seu perfume e polo seu deseño de vidro transparente, e a variedade de aromas. Dende cítricos frescos ata notas máis doces e especiadas, podes encontrar unha fragrancia que se adapte aos teus gustos persoais.

O seu elegante deseño en vidro transparente faino ideal para decorar calquera recanto do fogar e permite ver cando se termina o produto. Ademais, supón unha redución dun 65 % de plástico con respecto ao envase que tiñamos anteriormente.

Podemos separar as variñas facilmente e poñelas no envase. A maior número de variñas, maior intensidade do perfume. Ademais, non é necesario xiralas para potenciar a súa esencia.

Os nosos ambientadores de variñas difusoras caracterízanse por:

  • Prolongada duración do perfume.
  • Contedor de cristal que permite comprobar cando se acaba o produto.
  • Aforro dun 65 % de plástico que supón o deseño en vidro respecto ao anterior.
  • Atractivo deseño.

Cinco fragrancias a elixir nos nosos ambientadores de variñas difusoras

  • Chai: o noso clásico aroma Chai en formato variñas. Deliciosa fragrancia oriental con notas cítricas de laranxa que se combinan cun toque especiado de xenxibre, canela e cravo sobre un cálido fondo de vainilla.

Ambientador varitas Chai Bosque Verde de Mercadona

  • Jasmine: unha fragrancia floral de matices frescos e suaves grazas ás súas notas olfactivas a xasmín.

Ambientadores vaitas jazmín Bosque Verde de Mercadona

  • Frambuesa: doce e afroitado con notas lixeiramente ácidas con notas olfactivas de framboesa para dar un toque de frescura e vitalidade.

Ambientador varitas frambuesa Bosque Verde de Mercadona

  • Bambú: a nosa opción máis fresca, un aroma fresco, herbáceo e limpo con notas olfactivas cítricas e un toque de té verde.

Ambientador varitas Bambú Bosque Verde de Mercadona

  • Fruta Tropical: moi fresca e vital, con notas olfactivas a froitas tropicais, piña e flor de tiaré. Destaca polo seu agradable aroma a froita como o coco, a piña, a flor de hibisco ou a papaia.

Ambientador varitas Fruta tropical Bosque Verde de Mercadona

Modo de uso dos ambientadores en variñas difusoras

  • Desenrosca o tapón negro xirándoo no sentido contrario das agullas do reloxo.
  • Introduce tantas variñas como intensidade desexes no recipiente, en forma de abano.
  • Ao cabo dunha hora as variñas absorben o perfume e difúndeno no ambiente.

Outras recomendacións

Outra excelente opción para ambientar a túa casa son as nosas Candeas perfumadas en vaso de cristal.

Sabes que dispoñemos dun Deterxente hipoalerxénico con perfume colonia?

Se o que buscas é darlle un extra de perfume á túa roupa, utiliza o noso Perfumador intensificador de fragrancia.