Aprende a utilizar os nosos abrillantadores de aceiro inoxidable e aluminio para conseguir un acabado perfecto e un brillo intenso na túa cociña.

Abrillantadores para o aceiro inoxidable e o aluminio da túa cociña

07 de marzo de 2019

Campás, fogóns, mesados, billas, frigoríficos… todas estas superficies de aceiro inoxidable e aluminio son particularmente delicadas e requiren un tratamento especial para conseguir un acabado perfecto.

Para a limpeza en profundidade destas pezas clave da túa cociña ofrecémosche dous tipos de solucións: en crema ou en aceite. As dúas che aseguran un brillo intenso e un tacto agradable nestas superficies.

A principal diferenza entre as dúas está no tipo de aplicación, que depende da maior ou menor superficie que se vai tratar.

Aceite abrillantador Aceiro Inoxidable e Aluminio Bosque Verde

Trátase dun spray con pistola moi apropiado para eliminar manchas e pegadas en grandes superficies, como paneis de aceiro, campás extractoras, mesados, frigoríficos, fornos…

Modo de emprego

  • Pulverizar sobre un pano seco, baeta ou papel absorbente ou facelo directamente sobre a superficie.
  • Seguidamente, aplicar sobre a superficie que queiramos abrillantar.
  • Por último, pasar outro pano seco, baeta ou papel absorbente e retirar o exceso de produto.

Crema abrillantadora Aceiro Inoxidable e Aluminio Bosque Verde

A crema abrillantadora resulta moi útil para limpar manchas e pegadas en zonas máis pequenas e localizadas.

Modo de emprego

  • Axitar o envase antes de usar.
  • Verter unha pequena cantidade de produto sobre un trapo limpo, unha baeta ou papel absorbente ou facelo directamente sobre a superficie.
  • Fregar ata que desapareza totalmente o produto.
  • Pasar outra baeta, trapo ou papel limpo e seco para finalizar.

Nos dous dous casos recoméndase facer previamente unha proba nunha zona pouco visible da superficie que se vai abrillantar.

Se é a primeira vez que se utiliza calquera destes produtos ou se se fai sobre unha superficie moi graxenta recoméndase realizar unha limpeza previa pulverizando Quitagraxas e despois aclarar e secar cunha baeta.

Outras recomendacións

Se necesitas eliminar acumulacións de cal no teu cuarto de baño ou na túa cociña, aprende a utilizar os Limpadores Antical Bosque Verde. Sinxelos e moi efectivos!