AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Para gozar do Mundial de Fútbol nada mellor que unha boa selección de aperitivos de Mercadona.

Vive o Mundial dende a casa con Aperitivos de Mercadona

25 de xuño de 2018

Estamos en pleno Mundial, vivindo ao máximo toda a emoción do mellor fútbol do mundo e con todo listo para celebrar os goles da túa Selección. Para iso nada mellor que ter preparados uns bos Aperitivos de Mercadona que amenicen esas reunións de amigos ou familiares arredor da televisión.

O espectáculo do fútbol sabe mellor cuns aperitivos saborosos e divertidos que lle marquen un gol á rutina. Para apoiar a túa selección dende a casa e gozar deste acontecemento deportivo histórico, aquí tes algunhas suxestións:

Cervexa Steinburg Radler

Apetéceche unha cervexa moi especial para ver o partido? A Steinburg Radler ofréceche unha combinación de sabor a cervexa cun toque de limón natural moi refrescante.

Ten un grado alcohólico baixo (2,1%), polo que é unha cervexa moi agradable para esta época de calor. Próbaa!

Olivas negras sen óso

Un aperitivo clásico que nunca pasa de moda. Esta Lata de Olivas Negras sen óso, variedade cacereña, destaca pola súa textura e polo seu sabor.

Ideal para celebrar os goles da túa selección, a mellor combinación coa nosa bebida favorita: cervexa, refresco…, ou ben para incluílas nunha ensalada, ou ata para preparar a nosa pizza preferida.

Listas para consumir, simplemente abrir e servir como máis vos guste.

Tiras de millo frito BBQ

Este snack Hacendado a base de saborosísimas tiras de millo con sabor grellado é perfecto para as vosas reunións de fútbol destas datas.

Basta con abrir e compartir en calquera momento. E que mellor que durante este Mundial!.

Cóctel Rodeo

Goza das mellores xogadas dos teus futbolistas con este cóctel de froitos secos e snacks con aroma grellado.

É un cóctel divertido, xa que contén diferentes ingredientes: tubiño, triángulo e estrelas de pellets, pauciño de millo, millo crocante e cacahuete.

Ideal como aperitivo para toda a familia ou en calquera momento do día, perfecto para as grandes citas deportivas coma este Mundial.

Táboa Selección de queixos

Se vos gusta o queixo, non esquezas esta táboa dentro dos entrantes ou do aperitivo desa reunión inesquecible arredor do televisor co mellor fútbol como protagonista.

Cóctel Olivas

Para poñerlle ao Mundial aínda máis sabor, tes á túa disposición este cóctel de olivas negras e verdes con óso, cogombros pequenos e ceboliñas, presentado nun tarro de cristal.

Ademais leva un toque de aceite de oliva e loureiro, que crea un sabor único e diferente.

É ideal para compartir mentres vemos o partido cos nosos amigos, xunto a unha cervexa, refresco ou calquera bebida.

Listo para consumir en calquera momento. Basta con abrir e servir.

Tortilla pataca sen cebola

Para animar a túa selección, uns pinchos de tortilla española, emblema da nosa gastronomía, veñen que nin pintados.

A Tortilla de Patacas sen cebola de Mercadona é deliciosa, coma feita na casa. En 4 minutos lista para comer!

Chocoiris

Os máis larpeiros poden gozar do sabor de Chocoiris, cacahuetes recubertos dunha deliciosa capa de chocolate con leite e baño de azucre.

Unha explosión de cor e sabor ideal para gozar dunha experiencia única, crocante e saborosa en calquera momento.

Dáte un capricho doce mentres gozas do Mundial!

Guacamole e Triángulos de millo

Gozarás con este Guacamole tanto como co fútbol. Ideal como acompañamento de pratos mexicanos como tacos, nachos e outros guisos.

Para dipear co Guacamole ou para tomalos sós mentres ves o partido, os Triángulos de millo son perfectos para acompañar diferentes tipos de salsas ou como gornición en diferentes pratos de estilo mexicano.

Outras recomendacións

Os amantes do fútbol, pero tamén da cervexa, poden gozar da evolución da súa selección favorita cunha Cervexa Vermella de Mercadona.

Outra boa opción moi distinta para acompañar os partidos do Mundial poden ser os Flocos de millo Caramelo Hacendado, crocantes e irresistibles.

Tamén poñemos á túa disposición os Aperitivos de Mercadona sen glute, aptos para persoas celíacas.