AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Vinos, sidras y cavas de Mercadona para Navidad

Viños, sidras e cavas de Mercadona para este Nadal

16 de decembro de 2016

O Nadal está marcado polas xuntanzas familiares e polos xantares e as ceas especiais que se celebran nestes días. Unha parte importante destes encontros recae na escolla de viños, sidras e cavas para acompañar a comida ou brindar por estas datas.
Segundo o menú que se teña escollido, o gusto de cada comensal ou o propósito da bebida, recomendámosche estes viños, sidras e cavas de Mercadona, que servirán de acompañamento perfecto en todos os xantares e ceas que celebres neste Nadal.

Viño Lambrusco Rosado de Mercadona

O viño procedente de Lambrusco Rosado é recoñecible pola súa cor rubia e unha intensidade lixeiramente brillante. Ten aínda un toque de sabor algo afroitado e lambereteiro, con notas de framboesa, morango ou pomelo.
Esta combinación equilibrada de dozura e acidez permítelle adaptarse a case calquera sabor. Daí que sexa unha das mellores escollas para comidas lixeiras ou nas cales a pasta gaña protagonismo.
Recomendámosche escoller Viño Lambrusco Rosado de Mercadona para acompañares pratos de pasta ou pizzas, tortillas, risotto ou ben como complemento de saladas e aperitivos que serven de entrante para os pratos principais.

Viño Tinto Ribera del Duero Crianza Abadía Manrús de Mercadona

O Viño Tinto Ribera del Duero Crianza Abadía Manrús de Mercadona é un dos preferidos no Nadal. Ten un recendo potente que lembra aos froitos silvestres e uns matices tostados que consegue após 12 meses en barrica nova de carballo.
Cando o sirvas este ano no xantar ou na cea que celebres en familia ou na compaña de amizades, repara na súa intensa cor cereixa, un claro signo da súa madureza.
Grazas ao seu ton final algo tostado, cun toque de canela e vainilla, o Viño Tinta Ribera del Duero Crianza Abadía Manrús de Mercadona é perfecto para combinares con case calquera tipo de carne, legumes, embutidos e queixos.

Viño Branco Frizzante Dulzze de Mercadona

O Viño Branco Frizzante Dulzze de Mercadona de baixa graduación alcólica (5,5% vol.) é unha das mellores escollas para acompañar quer aperitivos quer sobremesas.
Este viño procedente de uva de tipo verdejo débelle o nome a unha combinación perfecta de chispeante acidez e delicada dozura. Se encaixa ben co gusto dos comensais, pode servir tamén como complemento de comidas lixeiras.

Moscato Blue Vega Cristina de Mercadona

Podes pór o ramo a unha xuntanza familiar especial de Nadal escollendo o Moscato Blue Vega Cristina de Mercadona. Trátase dun viño escumoso doce de baixa graduación, que sobresae polas súas abundantes burbullas e por uns intensos aromas nos cales se mestura albaricoque, melón e pétalos de rosa.
Co Moscato Blue Vega Cristina de Mercadona podes pór un brinde final inmellorable ao xantar ou á cea de Nadal e deixarás abraiados a todos os comensais, polo sabor a lichias e a orixinal cor celeste desta bebida.

Sidra El Mayu de Mercadona

Se os comensais prefiren sidra para acompañar a comida ou para brindar, en Mercadona encontrarás a Sidra El Mayu, unha sidra asturiana escumosa, que destaca sobre todo polo seu recendo afroitado, xa que está elaborada a partir de mazás coidadosamente seleccionadas.

Cavas Brut e SemiCabré & Sabaté de Mercadona

Para o brinde final das comidas e ceas de Nadal, a maioría escolle un cava. En Mercadona propómosche dous tipos de cava para escoller, un máis seco e o outro máis doce, para encaixar así con todos os gustos.

Os Cavas Brut e Semi Cabré & Sabaté de Mercadona conseguen os seus sabores característicos por teren sido elaborados cun método tradicional, escollendo para iso os mellores viños brancos das variedades Macabeo, Xarel.lo e Parellada.
Para aqueles que estean a procurar un cava máis seco, o Cava Brut Cabré & Sabaté é unha escolla óptima. Para un acabado un chisco máis doce, é preferible o Cava Semi Cabré & Sabaté.

Outras recomendacións

Outro viño moi interesante de procedencia Verdejo é o Viño Branco Rueda 100% Verdejo Arribeño de Mercadona, unha opción preferible para acompañar peixes, mariscos ou aperitivos.
E, para os miúdos da casa ou os que non consomen alcol, dispomos da bebida refrixerante Magic, cun sabor doce a lamberetada.
Se xa tes escollidas a comida e mais a bebida para o Nadal deste ano, agora só che falta unha decoración axeitada, que poderás conseguir grazas aos nosos manteis, panos de mesa, pratos e vasos decorados con motivos típicos do Nadal.
Ademais, non poden faltar no Nadal os turróns de Hacendado. Unha alargada variedade de turróns que, aínda por riba, son sen glute!