El Pescaíto: branco e azul de Mercadona. Ideais para acompañares peixes, petiscos ou queixos.

El Pescaíto: Branco e Azul

05 de outubro de 2017

Goza dos teus petiscos e comidas entre amigos con El Pescaíto: branco e azul. Ambos os dous suaves cun toque doce e moi doados de beber.

El Pescaíto Branco

El Pescaíto branco de Mercadona é un viño afroitado de carácter cítrico e floral, equilibrado e amable. Cunha cor marela pálida con reflexos verdosos, está elaborado con uvas da variedade Macabeo, Chardonnay e Moscatel. Ideal para saboreares con peixes, mariscos ou queixos.

El Pescaito Azul

El Pescaíto azul de Mercadona é unha bebida aromatizada a base de viño, elaborada con uvas da variedade Macabeo, Moscatel e Gewürztraminer. Orixinal pola súa cor azul brillante, aroma afroitado e carácter floral. Fresco, suave e doado de beber, perfecto para saboreares con comida mediterránea, queixos ou para petiscares.

Goza dos teus petiscos e deixa os teus convidados abraiados con El Pescaíto: branco e azul de Mercadona.

Outras recomendacións

Se che gusta o viño branco proba tamén o Blancauvas de Mercadona, un viño branco con sabor suave e afroitado.

Se prefires unha bebida refrescante sen alcol nin azucre, saborea o Tinto de Verano Zero con Limón, para calquera momento do día.