Recomendacións de uso dos nosos diferentes tipos de fariña e suxestións de consumo.

Utiliza a fariña máis adecuada para cada receita

20 de abril de 2023

Sabes que tipo de fariña é mellor para rebozar? Cal é máis recomendable para uso de repostería, para espesar unha salsa ou para facer unhas cremas? En Mercadona dispós dunha boa selección de Fariñas, cada unha delas indicada para diferentes elaboracións culinarias.

Se segues as nosas recomendacións, obterás mellores resultados nos teus pratos. Explicámosche cal é a mellor fariña para elaborar esa receita que tes na mente. Sigue lendo!

Fariña branca de trigo e fariña integral de trigo

Harina blanca de trigo y harina integral de trigo Hacendado

  • Perfectas para rebozados, biscoitos, para elaborar pan e masas de pizza.
  • Por exemplo, moi adecuada para cociñar un peixe rebozado ou a nosa suxestión: uns fingers de polo rebozado.
  • A fariña integral de trigo está indicada para aquelas persoas que prefiren unha maior achega de fibra. Conserva todos os compoñentes do gran (farelo, xerme do gran…) e, por iso, achega un valor nutricional superior.
  • Aprende a preparar esta receita de Biscoito de orchata con fariña de trigo.

Fariña de forza

Harina de fuerza Hacendado

  • Ten maior contido de glute e, polo tanto, é rica en proteínas. Por estas propiedades é perfecta para pan e pizzas de longa fermentación e para repostería con graxas. Por exemplo, un roscón ou un brioche, como che suxerimos na imaxe.

Fariña de millo branco precocida

Harina de maíz blanco precocida Hacendado

Fariña fina de millo (ou amidón de millo)

Harina fina de maíz (o almidón de maíz) Hacendado

  • Sobre todo, utilízase para espesar salsas ou guisos. Moi útil para facer unha crema pasteleira, cremas ou elaboracións de repostería.
    Suxestión: torta de crema pasteleira con froitas (arandos, amoras, uvas e kiwis).
  • A súa principal calidade é que é espesante, grazas á súa capacidade como aglutinante na preparación de comidas.

Preparado para biscoito con lévedo (impulsor)

Preparado para bizcocho con levadura (impulsor) Hacendado

  • Ideal para facer biscoitos ou madalenas. Deseñada especificamente para repostería.
  • Este preparado xa leva lévedo incorporado (impulsor). Prepara esta deliciosa receita con preparado para biscoito.

Outras recomendacións

Coñeces as nosas receitas para reaproveitar as sobras de pan?

Aprende a preparar receitas doces co impulsor.

Cóidate coas nosas suxestións de cuncos de iogures para os teus almorzos, xantares, merendas e ceas.