Coa nosa variedade de tomates en conserva Hacendado podes elaborar calquera receita.

Tomate en conserva Hacendado, sempre na túa despensa

25 de septembro de 2020

O tomate en conserva de Mercadona é un dos alimentos máis utilizados e prácticos. Utilízase para elaborar diferentes pratos, salsas e utilizar como gornición en moitas receitas. Ofrecémosche distintos tipos de tomate en conserva: triturado, enteiro, pelado, en anacos... para que escollas o que máis che guste.

Fabricado con tomates de categoría extra

Coñeces as características do noso tomate en conserva?

Tomates Pera de categoría extra

Tomates Pera de categoría extra.

Para confeccionar esta conserva, utilízase unha clase específica de tomate. Cultívase unha variedade determinada de tomate que se destina para este uso concreto. Trátase de tomates enteiros Pera de categoría extra.

Os tomates naturais que se envasan son os que se collen do campo. Sométense a un pequeno proceso industrial (de lavado, pelado...) e envásanse (o tomate ten que ser de boa calidade xa no momento da recollida, porque vai así á lata, sen engadirlle nada máis).

En definitiva, tomates naturais e maduros, de excelente calidade, de cor vermella, con gran sabor, sen azucres engadidos nin conservantes.

Tomates enteros Pera de categoría extra.

Orixe española, tanto en cultivo como en fabricación

A orixe do tomate, tanto no seu cultivo como na súa fabricación, é española. Todos os cultivos e campos pertencen aos agricultores de Coria (Estremadura) –onde se fabrican os cortados en anacos– e de La Puebla de Montalbán (Toledo) –onde se fai o resto–.

Proceso de elaboración do tomate en conserva Hacendado

  • Recollida no campo
  • Lavado
  • Enlatado

Tras a recollida, os tomates chegan á fábrica, onde se lavan, sepáranse os enteiros e o resto córtanse en anacos e enlátanse, sen ningún tipo de engadido, e sélanse para que conserven todas as súas propiedades naturais ata o momento do consumo.

Proceso de elaboración del tomate.

Elaboración del tomate en conserva Hacendado.

Tomate en conserva Hacendado.

Froitas e verduras de tempada

Mercadona apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”. Así mesmo, defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria.

Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Formas de consumo do tomate en conserva Hacendado de Mercadona

O tomate en conserva de Mercadona permite un uso moi versátil. Son conservas que se poden almacenar na cociña e ter como fondo de armario, para preparar calquera receita.

Hai persoas que o prefiren triturado, coma se fose un puré, mentres que a outras gústalles ver o anaco ou dispoñer do tomate enteiro e partilo segundo a súa necesidade. Todo depende tamén do prato que vaiamos preparar ou do uso que se lles vaia dar.

Por exemplo, o tomate triturado podemos utilizalo para facer un rustrido nun arroz ou fritir para facer un magro con tomate. Tamén se pode utilizar o tomate enteiro para facer pratos moi diversos, dende ensaladas a un bacallau ao forno con tomate.

Formas de consumo del tomate en conserva Hacendado/ de Mercadona.

Consellos de conservación

En caso de non consumirse na súa totalidade, para evitar a oxidación do envase recoméndase cambiar o contido a un recipiente de vidro, conservar refrixerado e consumir antes de cinco días.

Outras recomendacións

Proba o noso clásico Guacamole, cun 95% de aguacate fresco.