Probaches o Té Matcha? Orixinario de Xapón, forma parte esencial da súa tradicional cerimonia do té.
Este té de alta calidade obtense das follas enteiras do té verde. Tras un proceso especial de cultivo, recolección e secado móese só a polpa pura da folla de té ata obter un po verde intenso. Cando tomas Matcha estás bebendo o 100 % da folla do té.
Destaca polo seu sabor suave, así como polo seu fresco aroma.
O noso Té matcha é moi fácil de transportar grazas aos seus prácticos sobres, que che permiten gozar dunha rápida achega de enerxía en calquera lugar e momento do día. Como preparalo? É sinxelo. Basta con engadir o contido dun sobre nunha botella de auga e axitala para obter unha bebida enerxética fácil e saudable para levar. Así de fácil!
Pero se prefires gozalo na casa, suxerímosche estas preparacións. O té matcha mantén as súas propiedades mestúrelo co que o mestures!
Té matcha estilo tradicional
Pon auga a quentar.
Baruta 1 sobre de matcha cun coador nunha cunca, nun cunco ou nun vaso para asegurar unha mestura uniforme e evitar grumos.
Verte auga na cunca ata a súa metade.
Bate enerxicamente ata que o té se disolva por completo.
Engade o resto da auga, quente ou fría, e continúa removendo ata que apareza escuma na superficie. Se desexas máis escuma, podes axudarte dun batedor. Ademais, se queres adozalo, podes esparexer unha pouca canela por enriba.
Matcha no teu cunco smoothie
Prepara un smothie enerxético e delicioso para os teus almorzos e as túas merendas. A nosa proposta consiste en mesturar as túas froitas e a túa bebida vexetal favoritas. Verás que preparación máis fácil e rápida!
A nosa combinación gañadora inclúe ademais do té matcha, iogur grego, plátano, amorodos e sementes de chía por enriba. Basta con remover o iogur co té matcha e decoralo coas froitas elixidas.
Batido antioxidante con matcha
Para comezar o día, consigue un extra de enerxía, vitaminas e minerais co noso batido antioxidante de espinacas, Té matcha e amorodos con chía. Sírveo ben fresquiño e se queres un toque máis doce podes engadir un dátil.
Esta mestura resulta deliciosa pola combinación do sabor doce dos amorodos co toque refrescante das espinacas. Ademais, podes tomalo como un refresco revitalizador á media tarde ou en calquera momento que necesites un complemento de vitalidade.
Matcha Latte
Se che gusta o matcha e queres gozar das súas propiedades enerxéticas, pero prefires un sabor máis suave, podes preparar un delicioso Matcha Latte engadíndolle á auga leite ou a túa bebida vexetal preferida. Sirve o leite ben fresquiño se buscas un toque refrescante.
Outras recomendacións
Dámosche ideas para manter o teu corpo hidratado as 24 horas do día.
Consulta a nosa variedade de Bebidas vexetais: de avea, améndoas, abelá, soia, etc.
As nosas Bebidas enerxéticas teñen un sabor atractivo e refrescante e danche unha opción para recargarte de vitalidade e permanecer alerta.