Ensinámosche a preparar varias receitas coas nosas xelatinas en po.

Sabes todo o que podes preparar coas nosas xelatinas?

19 de agosto de 2020

Gústanche as xelatinas? Esta sobremesa lixeira e refrescante é unha excelente opción para o verán. Podes consumilas soas ou preparalas segundo as receitas que che damos a continuación. Escolle o teu sabor favorito: Amorodo, piña ou sandía, con cal quedas?

Ideas de receitas coas nosas xelatinas

Sabías que as xelatinas ofrecen diversas posibilidades de consumo? Presentámosche unhas cantas suxestións de receitas deliciosas que se poden preparar con elas. Toma boa nota e sorprende os teus invitados!

Caramelos de goma de sandía

Gominolas de sandía.

Ingredientes:

  • Un sobre de xelatina de sandía (ou do sabor que máis che guste)
  • 250 ml de auga
  • 300 g de azucre
  • 12 follas de xelatina neutra
  • Aceite de xirasol para engraxar o molde

Preparación:

  • Engraxa os moldes con aceite de xirasol e pincela ben todas as arestas para que logo poidas quitalas dos moldes ben.
  • Pon a quentar a xelatina en po de sabor xunto coa auga e co azucre. Mestura todo moi ben para que todos os ingredientes se integren.
  • Cando a mestura comece a fumear, escorre moi ben as follas de xelatina neutra e incorpóraas á mestura. Se utilizas xelatina neutra en po, bótaa neste punto.
  • Mestura moi ben todos os ingredientes ata que a xelatina estea completamente integrada. Axúdate dun batedor.
  • Reparte a mestura nos moldes. Verás que a xelatina forma unha capa na parte superior abrancazada con algo de escuma. Podes quitala deixando a mestura fóra do lume un par de minutos, antes de pasala aos moldes. Esta capa solidificarase e será moi fácil quitala cunha culler.
  • Deixa os caramelos de goma caseiros a temperatura ambiente ata que solidifiquen por completo. Este proceso tardará aproximadamente 12 horas.
  • Pasado ese tempo, desenmolda os caramelos de goma.

Mousse de amorodo

Mousse de fresa.

Ingredientes:

  • Un sobre de xelatina de amorodo (ou do sabor que máis che guste)
  • 500 g de iogur grego
  • 500 g de amorodos

Preparación:

  • Prepara a xelatina de amorodo e gárdaa na neveira ata que se solidifique.
  • Tritura os amorodos.
  • Bate a xelatina e o iogur grego.
  • Engade os amorodos triturados ao preparado anterior e mestura.
  • Arrefría a mestura na neveira ata gañar consistencia.

Torta de piña

Tarta de piña.

Ingredientes:

  • Un paquete de galletas María
  • 100 g manteiga
  • 2 latas pequenas de piña
  • 500 ml de nata para montar
  • 2 sobres de xelatina (1 para o recheo e 1 para a cobertura)
  • Cecimbre para decorar.

Preparación:

  • Prepara un sobre da xelatina de piña e gárdaa na neveira. Ten que estar case fría, pero sen chegar a callar.
  • Tritura as galletas e engádelle a manteiga fundida.
  • Coloca a masa no fondo do molde. Reserva na neveira.
  • Monta a nata, se está moi fría custará menos montala.
  • Engade a xelatina de piña que preparamos antes e mestura todo con movementos envolventes.
  • Bota a mestura no molde e gárdaa na neveira durante 4 ou 5 horas, se é dun día para outro moito mellor.
  • Prepara un segundo sobre de xelatina de piña.
  • Nun cunco pon a piña co seu zume e co azucre, bate e cólaa. Leva a mestura ao lume e cando ferva, engade a xelatina. Mestura todo cun batedor e deixa arrefriar na neveira sen chegar a callar. Una vez fría vértea como una capa superior da torta.

Canapé de mousse de queixo e noces con xelatina de piña

Canapé de mousse de queso y nueces con gelatina de piña.

Ingredientes:

  • Un tarriño de mousse de queixo e noces Hacendado
  • Un sobre de xelatina de piña
  • Noces cortadas en anacos
  • Torradas

Preparación:

Unta as torradas coa mousse de queixo e noces. Engade uns anaquiños de xelatina de piña e unhas noces cortadas en anacos.

Outras recomendacións

Elixe o teu xeado favorito entre una ampla variedade de sabores e formatos.