Descubre os viños que mellor maridan coas túas receitas de verán

Receitas de verán para maridar cos nosos viños

09 de xullo de 2021

Sabes cal é a maridaxe de viños adecuada para as túas receitas de verán?

Nesta época do ano a nosa alimentación adáptase á temperatura e ao clima. Presta atención a estes consellos para maridar os nosos viños: lambrusco tinto, brancos, tintos de verán e sangría. Descubre as receitas máis frescas e lixeiras que mellor harmonizan con cada un deles.

Lambrusco Tinto

Imagen Texto 1 Maridaje Vinos ES

Un viño ideal con aperitivos, ensaladas, pasta, pizzas, etc.

Características

  • Fabricado en Italia.
  • Fresco e afroitado (elaborado con mora e grosella).
  • Débese consumir entre 6 e 8 ºC. No se debe arrefriar no conxelador.

Propostas de maridaxe

  • Podes acompañalo coa nosa Pizza fresca Margarita cocida ao forno de pedra.
  • Ou preparar ti mesmo uns Espaguetes con allo e caiena (para 2 persoas):
    • Coce 200 g de espaguetes.
    • Pica 2 dentes de allo moi fino.
    • Retira as sementes dun chile e filetea este.
    • Nunhas 4 culleradas sopeiras de aceite, doura o allo xunto ao chile.
    • Cando estean dourados engade os espaguetes á tixola e comeza a revolver.
    • Engade un par de culleradas sopeiras da auga da cocción ata que o aceite e a auga “liguen” nunha crema e a pasta termine de cocerse al dente.
    • Unha vez listo, bota por enriba perexil acabado de picar.
    • Acompaña de parmesano relado.

Indómito

Imagen Texto 2 Maridaje Vinos

Especialmente indicado para acompañar peixes, ensaladas e aperitivos.

Características

  • Viño de uva Chardonnay.
  • Sabor afroitado e suave.
  • Débese tomar moi frío.

Propostas de maridaxe

  • Crema de espárragos brancos con salmón afumado e ovas (para 2 persoas):
  • Rustre unha cebola ata que reduza ben, sen dourar. Engade un chorriño de vermú ou de viño doce para que evapore xunto cuns 125 ml de nata. Cociña a lume baixo uns minutos.
  • Pon a mestura nun vaso de batedor e engade 300 g de espárragos brancos finos (sen a auga da conserva).
  • Tritura todo. Engade a auga da conserva ata conseguir a textura da crema que máis nos guste.
  • Coa e rectifica de sal.
  • Nun prato, monta unha base de 6 espárragos grosos (talos e xemas).
  • Culmina coa crema, 50 g de salmón afumado e ovas segundo o gusto.

  • Conos crocantes recheos de tártaro de salmón e aguacate (para 2 persoas):
  • Corta 150 g de lombo de salmón cru en dados dun centímetro e engade reladura de xenxibre e unha cullerada de salsa de soia.
  • Corta tamén 150 g de salmón mariñado en dados do mesmo tamaño e mestura a mesma proporción co salmón cru.
  • Prepara unha masa en forma de cono con masa filo: Estende as follas de pasta filo por parellas e unta cun pouco aceite polas dúas caras. Corta as follas con tesoiras en rectángulos duns 10x15 cm. Enrola sobre si mesmas para darlles forma de cono. Leva os conos ao forno a 180 ºC entre 5 e 8 minutos ata que queden dourados.
  • Enche case todo o cono coa mestura do salmón.
  • Tritura ½ aguacate cun chisco de wasabi e un chorriño de limón ata que nos quede unha crema.
  • Cunha manga pasteleira coroa os conos e decora con ceboliño.

Abadía Mantrús Verdejo

Imagen Texto 3 Maridaje Vinos

Ideal para peixes, mariscos, arroces, ensaladas e aperitivos.

Características

  • Viño Verdello con DO Rueda.
  • Sabor intenso afroitado e con toque de acidez final.
  • Débese tomar moi frío.

Propostas de maridaxe

  • Corvina ao lombo con refrito de allo (para 2 persoas):
  • Quenta o forno a 180 ºC.
  • Na bandexa do forno, coloca un lombo de corvina duns 400 g, salpementa e engade unhas gotas de aceite. Cociña no forno durante 15 minutos.
  • Nunha tixola, engade 3 culleradas sopeiras de aceite e a lume medio/baixo doura 2 dentes de allo laminados sen deixar de remover e, fóra do lume, engade un chorriño de vinagre. Reserva.
  • En canto saia a corvina do forno, bota suavemente o refrito de allo sobre o peixe para que se mesture cos zumes. Cunha manopla levanta e inclina a bandexa e cunha culler recupera a mestura da salsa que formou o aceite cos zumes do peixe para volver a regar a corvina con tres ou catro pases.

  • Risotto verde de espinacas e gambas (para 2 persoas):
  • Pela e descabeza 12 gambas medianas.
  • Coce un litro de caldo de peixe.
  • Pon auga a ferver nun cazo cunha culleradiña de azucre e outra de sal. Ao empezar a ferver engade 100 g de espinacas frescas e unha presadiña de perexil para que fixen a súa clorofila durante 20 segundos.
  • Pasa a un cunco con auga e xeo cunha culleradiña de sal e outra de azucre (mesmo método). Escorre deixando a mínima auga posible e tritura ata que quede unha salsa verde intensa.
  • Engade unha cullerada de manteiga a unha tixola. Agrega 2 dentes de allo picado e a parte branca dun porro picado.
  • Sazona cun chisco de sal, engade unha folla de loureiro e rustre co lume moi baixo durante 15-20 minutos ata que se volvan transparentes.
  • Incorpora 200 g de arroz e mestura todo ben durante un par de minutos. Rega con medio vaso de viño branco e sigue removendo ata que se absorba e evapore todo o alcohol. Fai o mesmo cunha cullerada de zume de limón.
  • Verte o caldo de peixe quente en cazos e, moi pouco a pouco, remove o arroz segundo se vaia absorbendo todo o líquido. Tardará uns 17 minutos dende que empezamos a dar voltas.
  • No último momento, incorpora a salsa verde de espinacas e perexil. Sube o lume, sen deixar de remover, ata que se evapore a auga. Pon a punto de sal e pementa. Apaga o lume e rela 20 g de queixo curado e unha pouca pel de limón.
  • Cando o arroz estea listo, refoga media culleradiña de xenxibre ben picado, engade as gambas uns segundos e cubre os pratos que preparamos coa base do risotto verde.

Tinto de verán limón 0 % azucre e alcohol

Imagen Texto 4 Maridaje Vinos

Unha bebida moi versátil que serve para acompañar todo tipo de comidas, para tomar co aperitivo...

Características

  • No ten Alcohol.
  • No ten Azucre.
  • Refrescante, sabor a limón e doce.
  • Débese tomar moi frío.
  • Á túa disposición en formato botella e tamén en lata para levar a calquera parte comodamente.

Propostas de maridaxe

  • Tan só tes que comprar unha das nosas tortillas frescas de pataca. Pódela encontrar con ou sen cebola.
  • Ou prepara na casa esta Ensalada de polo, queixo e aguacate que che propoñemos (para 2 persoas):
  • Pica 300 g de peituga de polo o máis fino posible e cociña con sal e pementa nunha tixola.
  • Engade ao polo 2 cogombriños picados finamente, ceboliño segundo guste picado e 30 g de cebola frita. Mestura ben.
  • Engade 150 g de queixo de untar e rectifica de sal.
  • Pela ½ aguacate e corta en liscos.
  • Nun cunco, engade todos os ingredientes, mestura e listo para consumir!

Sangría Casón Histórico

Imagen Texto 5 Maridaje Vinos

Para acompañar todo tipo de comidas, para tomar co aperitivo...

Características

  • Aromático, refrescante e doce.
  • 7 graos de alcohol.
  • Débese tomar moi frío.

Propostas de maridaxe

  • Patacas bravas (para 4 persoas):
  • Coce 4 patacas con pel e sal durante uns 30 ou 40 minutos.
  • Pélaas e córtaas en dados.
  • Refoga as patacas nunha tixola cun pouco aceite.
  • Cando empecen a dourar engade a salsa brava e refoga.
  • Prepara un alioli cun ovo, allo e 200 ml de aceite de xirasol no batedor.
  • Sirve no prato as patacas, coroándoas con alioli e un pouco pemento.

  • Ensalada rusa (para 4 persoas):
  • Coce 2 patacas e unha cenoria co pel uns 30-40 minutos. Incorpora unha presada de feixóns redondos os últimos 10 minutos.
  • Deixa arrefriar e pela as patacas e cenorias aínda temperadas. Mestura as tres verduras removendo cun garfo, pero sen triturar, buscando que a pataca ligue.
  • Pica 4 cogombriños e alcaparras segundo o gusto. Coce 2 ovos e pica as claras. Engade cogombriños, alcaparras, claras picadas e 2 latas de atún á base de pataca e mestura. Engade un bo chorro de aceite e rectifica de sal. Engade unha ou dúas culleradas de maionesa.
  • Deixa arrefriar a mestura na neveira. Á hora de servir no prato, cubre con máis maionesa. Para decorar esparexe as xemas sobrantes do ovo e acompaña con picos salgados.

Outras recomendacións

Probaches o noso xeado Mochi? Sabores a Manga, Coco e Pistacho, perfectos para o broche final de calquera comida ou aperitivo.