Ensinámosche a preparar unhas exquisitas sobremesas con Cocolizze

Receitas de sobremesas doces con Cocolizze

31 de xaneiro de 2023

Queres aprender a preparar unhas estupendas sobremesas cos nosos bombóns Cocolizze?

Suxerímosche unhas receitas con eles para que triunfes á hora da sobremesa. Sigue lendo e descubre as características destes produtos e como preparalos.

Bombóns Cocolizze

Esferas de crocante barquillo, con recheo de crema e con améndoa enteira no seu interior, bañadas de coco relado.

Receitas con Cocolizze

Torta de Cocolizze

Recetas con Cocolizze: Tarta de Cocolizze

Para o biscoito:

1. Quenta o forno a 175 ºC. Forra 3 moldes de 15 cm con papel de forno.

2. Nun bol mestura 1 cunca e media de fariña de trigo, ¾ de cunca de améndoa moída, 2 culleradiñas de lévedo e un chisco de sal.

3. Noutro bol bate 170 g de manteiga cunha cunca e media de azucre ata que quede esponxosa. Engade 3 ovos, un a un. E despois as sementes dunha rama de vainilla.

4. A esa última mestura vai engadíndolle pouco a pouco a mestura da fariña, intercalando con 190 ml de leite. Vai mesturando todo cunha espátula.

5. Enche os moldes e mete no forno uns 35 minutos aproximadamente. Se vemos que empeza a dourar moi rápido a parte de arriba dos biscoitos, podémolos tapar con papel de aluminio para que non se nos queimen. Deixa arrefriar a temperatura ambiente.

Para o recheo:

1. Nunha tixola mestura 190 ml de leite de coco coas sementes dunha rama de vainilla. Infusiona removendo de vez en cando ata que empece a ferver e aí retira do lume. Deixa temperar un pouco.

2. Nun bol bate o resto do leite de coco, a xema dun ovo, 3 culleradas de azucre e 2 culleradas de fariña fina de millo. Engade pouco a pouco o leite de coco infusionado.

3. Pon a mestura de novo na tixola e cociña a lume forte sen deixar de remover ata que espese e empece a ferver.

4. Coa a mestura nun bol e cubre con papel filme tocando a mestura para que non se cree unha película por enriba.

5. Arrefría a temperatura ambiente e despois mete na neveira mínimo 2 horas.

Para a cobertura:

1. Funde ao baño maría 1 barra de chocolate branco para fundir xunto con 170 ml de nata para montar. Deixa arrefriar a temperatura ambiente.

2. Cando a mestura estea fría bate ata que monte e engade 1 cullerada de leite. Bate un pouco máis ata que estea ben incorporada e montada.

3. Entre capas de biscoito pon un pouco de recheo. Cubre coa cobertura de chocolate branco e decora con bombóns Cocolizze e améndoa laminada.

Tiramisú de Cocolizze

Recetas con Cocolizze: Tiramisú de Cocolizze

1. Bate 4 xemas de ovo xunto con 120 g de azucre ao baño maría ata que quede esponxoso. Deixa arrefriar.

2. Cando estea fría engade 500 g de mascarpone e 100 g de coco relado. Mestura ben.

3. Corta en anacos 12 bombóns Cocolizze. Engade á mestura.

4. Mestura 250 ml de leite de coco e as sementes dunha rama de vainilla.

5. Intercala capas dos biscoitos (400 g) mollados no leite de coco e da crema de mascarpone. Termina cunha capa de crema. Deixa arrefriar na neveira mínimo 2 horas.

6. Decora coa améndoa laminada e o coco relado.

Outras recomendacións

Se o teu é a repostería e necesitas ideas con produtos refrescantes como a orchata, aquí che deixamos a nosa receita de Biscoito de Orchata.