Ensinámosche a preparar 3 deliciosas receitas con piña.

Receitas con piña, sabor tropical

30 de outubro de 2023

A piña é unha das froitas tropicais máis populares durante todo o ano. O seu sabor agridoce varía dependendo da súa madurez, pero en xeral, ofrece un equilibrio perfecto entre dozura e acidez que a fai irresistible.

Coa súa aparencia única, a súa pel rugosa e a súa polpa amarela e zumarenta, este refrescante manxar é moito máis que unha froita de sobremesa e permite outras aplicacións na cociña. A piña é beneficiosa para a dixestión e contén antioxidantes, entre outras propiedades. Aínda que consumila ao natural é o ideal, dámosche unhas boas ideas para aproveitar esta froita ao máximo.

Prepárate para descubrir a versatilidade culinaria da piña e dálle un toque doce e exótico ás túas receitas.

3 Receitas con piña

Mousse de piña e nata

3 Recetas con piña.

Receita para 2 persoas

1. Prepara unhas migas crocantes con 25 g de galletas, rompéndoas en anaquiños pequenos, sen que solten po.

2. Nunha tixola, pon 20 g de manteiga a derreter xunto coas galletas trituradas, 30 g de noces picadas, 2 culleradas de mel e 2 culleradas de coco relado.

3. Cociña a lume baixo 10 ou 12 minutos, sen parar de remover, ata que estea o conxunto dourado. Reserva e arrefría.

4. Tritura a piña e monta 100 g de nata. Mestura a nata coa piña triturada con movementos envolventes.

5. Distribúe a mestura en copas ou vasos individuais. Deixa arrefriar 2 horas.

6. Sirve coroando cada vaso ou copa coa mestura de galletas, noces, mel e coco e, sobre o conxunto, outra cullerada de coco relado.

Batido de piña e iogur

3 Recetas con piña.

Receita para 2 batidos

1. Pela ¼ de piña desbotando a parte central e pela tamén ¼ de manga.

2. Lava ½ cogombro, córtao e quítalle as pebidas.

3. Pon todo nun vaso batedor e engade 2 vasiños de iogur grego.

4. Unha vez batido engade xeo picado.

5. Remove e sirve cunhas folliñas de menta.

Poké bowl de piña e lagostinos

3 Recetas con piña.

Receita para 2 persoas

1. Pela ¼ de piña e quítalle a parte central. Córtaa en anacos en cubiños.

2. Corta ½ aguacate en láminas.

3. Pela 8 lagostinos cocidos.

4. Monta o poké bowl: primeiro na base do prato os brotes tenros, sobre estes un vasiño de arroz basmati, 8 tomates cereixa, o aguacate, os lagostinos e a piña.

5. Adereza con sal, unha pouca salsa Teriyaki e por enriba sementes de sésamo tostado segundo vos guste.

Outras recomendacións

Ensinámosche a preparar 4 deliciosas receitas con cabaza.

Coñeces as nosas bebidas vexetais? De avea, abelá, soia, arroz, améndoas...

A nosa selección de cereais é unha magnífica opción para a túa cesta equilibrada.