Receitas doadas para gozares dos amorodos grandes esta tempada

Receitas con amorodos grandes

10 de abril de 2018

Coa primavera chegan a Mercadona os amorodos grandes de tempada. Os seus tons avermellados, a súa frescura e a súa versatilidade á hora de os preparar convértenos na froita máis agardada da estación. Os seus valores nutricionais e mais o seu sabor fan que lles saiban quer ás crianzas quer aos adultos.

Amorodos grandes xunto doutros sabores doces e salgados

Os amorodos grandes pódense preparar de diferentes xeitos: con azucre, zume de laranxa ou nata. O seu aroma fresco harmoniza quer con sabores doces quer con salgados ou acedos. Con calquera tipo de lácteo, por exemplo, ou con xeado e, incluso de forma menos convencional, con aceites e vinagres como o vinagre balsámico de Módena. Alén diso, son moi saborosos para elaborar unha ampla variedade de pasteis, tortas e biscoitos.

Os amorodos grandes: froitas que anuncian a primavera

A tempada dos amorodos grandes en España comeza en febreiro e prolóngase até maio ou xuño. Esta é a época máis idónea para os consumir e pódelos encontrar na sección de froitas e vexetais de Mercadona.

Anímate a probar xa os amorodos grandes de tempada coas deliciosas formas de os preparar que pensamos para ti. Mira este vídeo e verás o doado que é deixar abraiados os teus convidados.

Se es dos que lles gusta seguir as receitas paso a paso, deixámosche este doado manual para preparares estas catro elaboracións con amorodos grandes de tempada:

Amorodos grandes con azucre

Para dúas persoas

Ingredientes:

  • 250 gr. de amorodos grandes de tempada
  • Azucre branco ou moreno

Elaboración:

1. Limpa e corta os amorodos grandes

2. Ponos nun bol

3. Engade azucre ao gusto e sirve

Fresones con azúcar Mercadona

Amorodos grandes con zume de laranxa

Para dúas persoas

Ingredientes:

  • 250 gr. de amorodos grandes de tempada
  • Azucre branco ou moreno
  • Medio litro de zume de laranxa acabado de espremer

Elaboración:

1. Limpa e corta os amorodos grandes

2. Ponos nun bol

3. Engade azucre ao gusto

4. Incorpora o zume de laranxa e sirve

Fresones con zumo Mercadona

Amorodos grandes con nata batida

Para dúas persoas

Ingredientes:

  • 250 gr. de amorodos grandes de tempada
  • Un envase de nata batida (con ou sen lactosa)

Elaboración:

1. Limpa e corta os amorodos grandes

2. Ponos nun bol

3. Incorpora a nata batida

4. Sirve nunha copa de vidro e enféitaa con amorodos grandes cortados en forma de bastonciños

Fresones con nata Mercadona

Amorodos grandes con vinagre balsámico de Módena

Para dúas persoas

Ingredientes:

  • 250 gr. de amorodos grandes de tempada
  • Azucre branco ou moreno
  • Vinagre balsámico de Módena
  • Aceite de oliva

Elaboración:

1. Limpa e corta os amorodos grandes

2. Engade un chisco de aceite nunha tixola

3. Saltea os amorodos grandes cun pouco de azucre

4. Engade unhas pingas de vinagre balsámico de Módena

5. Retira e sirve nun bol

Fresones con vinagre Mercadona

En todas as nosas tendas situadas na Península e nas Baleares, os amorodos grandes Mercadona proceden de Huelva, mentres que nas Illas Canarias tamén se poden encontrar amorodos grandes Mercadona cultivados no propio arquipélago.

Para alén do anterior, a compañía apoia a campaña "Fruta y Verdura de aquí y de ahora" do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente que recomenda o consumo de froita e vexetais de xeito regular xa que pola súa calidade, sabor e variedade, fornecen de vitalidade ao organismo.

Outras recomendacións

Se che gusta o chocolate, animámoste a probar a receita de amorodos grandes con chocolate, tamén, os amorodos grandes de tempada coa granola Hacendado ou co xeado de vainilla.