Queres aprender a preparar un delicioso pastel de follado? Imaxinas a marabillosa textura crocante do follado en combinación coa riqueza dos porros e os cogomelos aromáticos? Pois iso é o que temos para ti, para que aprendas a receita e o sirvas na túa mesa de Nadal ou cando ti queiras.
Cociñar este pastel salgado é máis fácil do que parece. Preparado para conquistar o corazón (e o estómago) do teus seres queridos? Sigue as nosas indicacións.
Paso a paso para preparar a Receita de Pastel de follado con porro e cogomelos
Ingredientes para 4 persoas
- 2 bandexas de mix de cogomelos intenso.
- 2 porros.
- 3 ovos.
- 2 láminas de follado.
- 300 ml de nata fresca para cociña.
- 1 cebola doce.
- Sal.
- Pementa branca.
- Aceite de oliva.
Paso a paso
1. Pica a lámina de follado cun garfo para perforala lixeiramente.
2. Colle un molde rectangular para enfornar, fórrao co papel de forno (que vai incluído no envase) e coloca nel a lámina perforada de follado. Arrefríaa na neveira para que estea ben fría antes de levala ao forno.
3. Corta en rodas os porros e pica a cebola moi fina. Refoga nunha tixola cun fío de aceite. Salpementa.
4. En canto branqueen, engade os cogomelos e refoga.
5. Engade a nata. En canto levante unha fervura, engade 2 ovos batidos e non deixes de remover. Rectifica de sal e engade pementa branca.
6. Enche o follado que está no molde e cérrao sobre si mesmo. Corta da segunda lámina de follado unhas tiras coas que decorar o pastel por enriba en forma de enramado.
7. Pinta con 1 ovo batido e mete no forno uns 45 minutos a 180 ºC con calor por arriba e por abaixo. Ata que estea dourado.
Segredo do xefe de cociña
Este prato pode ser un bo entrante e tamén se pode servir como principal. Podes acompañalo cunha ensalada tipo leitugas aderezadas con cítricos, tamén con algunha salsa de queixo quente. Incluso con cebola confeitada.
Outras recomendacións
Outra receita lixeira e fácil de preparar é a Quiche de salmón, con gambas, cebola, ovos e espárragos.