O cordeiro ao forno é un clásico habitual do Nadal. Queres coñecer a receita de pa de cordeiro que sempre triunfa nas ocasións máis especiais?
Ideal para unha comida ou cea de Nadal, é un prato fácil de preparar, aínda que leva o seu tempo de forno para que quede no seu punto. Así que vai quentando o forno e prepárate para gozar dos sabores auténticos.
Sigue o paso a paso da nosa Receita de Pa de cordeiro asada con patacas, castañas, tomate seco, tomiño e viño branco
Ingredientes
- 1 pa de cordeiro.
- 300 g de patacas.
- ½ vaso de viño branco.
- Allo.
- 150 g de castañas peladas.
- 50 g de tomates secos.
- Aceite de oliva.
- Sal.
- Pementa negra.
- Tomiño.
Paso a paso
1. Pela e corta as patacas en rodas e deposítaas nunha bandexa de forno.
2. Engade os tomates secos, as castañas peladas e o sal. Moe pementa negra, dálles un corte pola metade aos dentes de allo con pel e agrégaos. Incorpora o aceite de oliva, o viño branco e un pouco tomiño.
3. Salpementa a pa e pona na placa do forno unha vez quente a 180 ºC. Asa a carne xunto coas verduras.
4. Vai regando a carne co seu propio zume e se fose necesario engade unha pouca auga.
5. O tempo de cocción será duns 90 minutos, aproximadamente.
Consello do xefe de cociña: unta cun dente de allo toda a pa antes de cociñala.
Outras recomendacións
Se che gustan as receitas de carne, propoñémosche esta suculenta Faceira ao porto.
Un consello para despois das festas: aprende a cociñar con sobras de Nadal.