Queres aprender a preparar unha receita saborosa e moi sinxela? Se segues o paso a paso que che propoñemos, vaste sorprender con este delicioso Estufado de coello.
Un prato moi completo, que ten na carne de coello o seu ingrediente estrela. Sa e de sabor intenso, ímola acompañar con cebola, cenoria, patacas, feixóns, chícharos… Xa verás que guiso!
Sigue o paso a paso da nosa Receita de Estufado de coello
Ingredientes para 2 persoas
- 1 bandexa de ½ coello cortado en anacos.
- 3 dentes de allo.
- 1 folla de loureiro.
- 1 cebola doce.
- 1 cenoria.
- 1 pataca.
- 70 ml de viño branco.
- Fariña de trigo.
- 75 g de feixóns verdes.
- 400 ml de auga.
- 75 g de chícharos.
- Aceite de oliva virxe extra.
- Pementa negra.
- Sal.
- Ceboliño.
Paso a paso:
1. Bótalle sal e pementa ao coello cortado en anacos e pasa lixeiramente os anacos pola fariña.
2. Pica moi fina a cebola, o allo e a cenoria.
3. Nunha cazola cun pouco aceite, frite o coello xunto a un dente de allo enteiro, ata que o coello estea douradiño. Reserva nunha fonte.
4. Na mesma cazola, co aceite que quedara, pon a refogar a cebola, os outros dous dentes de allo, a cenoria e o loureiro. Corrixe de sal.
5. Deixa uns minutos rustrindo e, cando colla unha cor dourada, engade os anacos de coello xunto co viño branco e espera un par de minutos ata que se evapore o alcohol.
6. Engade a auga e deixa que se cociñe uns 30-35 minutos a lume baixo. 10 minutos antes de que termine a cocción, engade os feixóns verdes limpos e cortados, así como os chícharos.
7. Pela e corta a pataca en dados e frítea.
8. Sirve no prato coas patacas e un pouco ceboliño segundo vos guste.
Outras recomendacións
Descubre a nosa ampla selección de Fogazas de pan, ideais para acompañar os teus pratos favoritos.