O próximo 27 de maio celébrase en España o Día Nacional do Celíaco/a, unha data que serve para dar visibilidade e apoio ás persoas celíacas.
En Mercadona, como cada ano, sumámonos á conmemoración coa renovación constante dos nosos produtos sen glute, un traballo continuo de innovación e ampliación reflexo do noso compromiso con estas persoas.
Ademais, suxerímosche unha deliciosa receita sen glute, apta para celíacos/as, para que goces da alimentación e nutrición que mellor se adapta ás túas necesidades. Unha exquisita combinación de ingredientes para gozar en comidas ou ceas con familia ou amigos.
Sigue o vídeo paso a paso da Receita de Crocante de verduras sen glute
Ingredientes para 4 persoas:
- Pan relado sen glute
- 1 ovo
- 1 cabaciña
- 350 g de coliflor
- Aceite de xirasol suave
- Allo granulado
- Xenxibre en po
- Alfábega
- Sal
- 250ml de maionesa
- 15g de cebola vermella
- Alcaparras e cogombriños
- 250g de quinoa cocida branca e vermella
Paso a paso:
Se queres seguir o proceso con detalle, aquí tes a elaboración completa deste saboroso prato.
1. Cortar a coliflor en ramiños medianos e cocer uns 10 minutos, en abundante auga fervendo con sal. Deixar arrefriar.
2. Cortar a cabaciña en tiras.
3. Bater o ovo.
4. Preparar dúas mesturas distintas: para a coliflor mesturar o sal, o allo e o xenxibre.
5. Para a cabaciña mesturar o allo, o sal e a alfábega.
6. Rebozar a coliflor coa súa mestura, pasar polo ovo e logo polo pan relado.
7. Facer o mesmo coa cabaciña cortada e a súa mestura.
8. Fritir nunha tixola con abundante aceite quente a temperatura media/alta. Cando estean douradas deixalas sobre papel absorbente.
9. Cortar moi finos os cogombriños, a cebola vermella e as alcaparras. Mesturar coa maionesa.
10. Servir nun prato cunha ración de quinoa e a salsa.
Outras recomendacións
Xa tes decidida a sobremesa? Que tal esta receita de Biscoito sen glute recheo de crema de limón e froitas silvestres?