O verán é unha época perfecta para organizar unha comida divertida e ao aire libre coa túa familia ou cos teus amigos. Se estás pensando en facer algunha grellada este verán, remata a súa preparación cunha boa selección de salsas que fagan as delicias de todos os comensais.
Suxerímosche combinar as verduras con crocante de abelás, salsa de plátano e curry, vinagreta de lima, tomiño e piñóns ou salsa de iogur. Catro salsas moi apetecibles que achegarán o toque orixinal e irresistible á túa grellada.
Sigue o vídeo da Receita 4 Salsas para a túa grellada
Ingredientes para 4/8 persoas:
Para a Salsa Crocante de Abelás
- 50 g de pan integral
- 50 g de abelás tostadas
- Medio dente de allo
Para a Salsa de Plátano e Curry
- 150 g de queixo light
- 15 g de perexil fresco
- 2 plátanos
- Curry segundo o gusto
- Gotas de lima
- Sal
Para a Salsa de iogur
- 2 iogures gregos
- 1 cogombro
- Mestura de pementas
- Aceite
- Sal
Para a Vinagreta de Lima, Tomiño e Piñóns
- 2 limas
- 15 g de tomiño seco
- 50 g de piñóns ibéricos
- Aceite
Para a grellada
- Pernís de polo desosados
- Medallóns de solombo de porco mariñado
- Hamburguesas de polo de campo
- Longaínzas de polo
- Pemento vermello
- Tomate pera
- Cenorias
- Brotes de leituga
- Berenxena
- Aceite
- Sal
- Carbón vexetal
- Espetos de madeira
- Pastillas de acendido
Paso a paso:
Sigue a continuación o paso a paso desta deliciosa receita, con todos os detalles.
Para a Salsa crocante de abelás
1. Nun batedor engadir o pan, o allo e as abelás.
2. Triturar.
Para a Salsa de Plátano e Curry
1. Nun batedor engadir o queixo, os plátanos, a lima, o perexil, o curry e o sal.
2. Bater ata conseguir unha salsa homoxénea.
Para a Salsa de Iogur
1. Cortar o cogombro en dados.
2. Engadir a un recipiente con iogur.
3. Engadir pementa, sal e aceite.
4. Mesturar.
Para a vinagreta de lima, tomiño e piñóns
1. Dourar os piñóns.
2. Engadir a un recipiente con aceite.
3. Incorporar o tomiño, a lima e mesturar.
Para a grellada
1. Acender a grella e asar as verduras.
2. Engadir o Crocante de Abelás aos tomates.
3. Engadir aos brotes a salsa de Plátano e Curry.
4. Pelar a berenxena e incorporar a salsa de Iogur.
5. Aliñar a cenorias e os pementos coa Vinagreta de Piñóns
6. Salgar o solombo e o polo
7. Facer espetos coas longaínzas
8. Asar a carne ata conseguir o punto óptimo.
9. Servir coas verduras e coas salsas.
Outras recomendacións
Que tal uns xeados para despois da grellada? Os nosos Xeados Mini Bombón Galletas Cacao son unha verdadeira delicia.