Coas nosas Mini tortillas de trigo podes preparar unha gran variedade de pratos fáciles, rápidos e lixeiros.

Prepara catro deliciosas receitas de tacos coas nosas Mini tortillas de trigo

25 de xuño de 2020

Probaches as nosas Mini tortillas de trigo? É un produto moi versátil, que nos permite preparar receitas moi fáciles, rápidas e lixeiras.

Características das Mini tortillas de trigo

  • O seu tamaño mini fainas perfectas para consumir en forma de taco. Ideais para esas reunións en familia ou con amigos nas que se preparan diferentes mesturas e cada un enche o taco ao seu gusto.
  • O seu sabor neutro permite enchelas tanto con mesturas salgadas como doces.
  • Próbaas tamén se buscas unha alternativa ao pan, máis lixeira, fina e en porcións máis pequenas.
  • Preséntase nun formato bipaquete, con 12 Mini tortillas en total (6 por paquete).

Moi fáciles de preparar!

Preparar estas Mini tortillas de trigo é moi sinxelo. Podes utilizar microondas, tixola ou forno:

  • Microondas: quenta 10-15 segundos ao microondas a media potencia.
  • Tixola: quenta na tixola durante 1 minuto por cada lado a lume medio.
  • Forno: quenta o forno a 180 ºC e mete as tortillas durante 2 minutos.

Despois enche a tortilla coa túa mestura favorita e, listo!

Instrucións de conservación

Unha vez aberto o envase recomendamos conservala nun lugar fresco e seco para o seu consumo nun máximo de dez días.

Pódense conxelar, pero hai que ter en conta que se deben utilizar durante os tres meses seguintes á conxelación e que debemos desconxelalas totalmente antes de cociñalas.

Catro suxestións de receitas para tacos

Hai un montón de formas deliciosas e creativas de encher estas Mini tortillas e gozar duns suculentos tacos. A continuación, mostrámosche catro exemplos, cada un máis apetitoso ca o outro:

Taco con carne de cerdo.

Taco con carne de porco

  • Refoga a carne de porco xunto coa cebola vermella.
  • Monta o taco coa carne.
  • Engade a salsa de queixo, rodas de ravos, un pouco coandro e un toque de tabasco.

Taco tropical.

Taco tropical

  • Refoga os lagostinos co aceite e co allo en láminas.
  • Monta o taco cos lagostinos, o aguacate, a leituga, a maionesa e o millo doce.

Taco de pollo.

Taco de polo

  • Refoga os pementos (vermello, verde e amarelo) e a cebola vermella en tiras.
  • Engade o polo tamén a tiras.
  • Sazona con canela, pemento e sementes de comiño.
  • Monta o taco con todos os ingredientes.

Taco de pulpo

Taco de polbo

  • Monta o taco co polbo cocido, a cebola vermella crúa e o perexil sobre unha base de pataca fervida en toros.

Outras recomendacións

Probaches a piadina como base para pizza? Contámosche como preparala.