Preparando a festa de Halloween? Xa falta menos... Se hai un elemento decorativo que non pode faltar nesa noite tan especial é a Cabaza de Halloween, tamén coñecida como Jack-O’-Lantern, todo un símbolo desta celebración.
Goza preparando unha auténtica cabaza na casa, seguindo as nosas indicacións. É moi fácil e divertido, sobre todo con nenos, en tan só seis pasos!
Paso a paso
1. Deseña: debuxa a cara nun papel e cálcaa despois na cabaza. Tamén podes debuxala directamente sobre a cabaza ou utilizar adhesivos.
2. Traza: debuxa un círculo ancho para que poidas meter a man dentro da cabaza.
3. Corta: corta cunha inclinación de 45º e a punta orientada cara ao centro da cabaza para que a tapa non se desprace.
4. Crea: mete a man e saca as sementes. Volve limpar cunha culler. Insiste un pouco máis nas áreas debuxadas deixando un espesor de arredor de 2,5 cm.
5. Esculpe: busca unha posición cómoda para tallar a cabaza e empezar a cortar seguindo o debuxo.
6. Limpa: unha vez que a cara está feita, limpa os restos do deseño e engade unha candea no seu interior.
Otras recomendaciones
Buscas ideas para a cea de Halloween? Prepara unhas Minipizzas decoradas con motivos terroríficos, riquísimas!