O Nadal aproxímase. Chegan eses momentos de celebración e alegría en compañía dos nosos seres queridos. Nesta tempada festiva, a elección do viño adecuado pode marcar a diferencia e contribuír ao éxito dunha comida ou cea.
Dende tintos robustos, brancos sofisticados e escumosos refrescantes, ata deliciosas bebidas sen alcohol, tes un montón de opcións para maridar cos teus sabores do Nadal e brindar. Descúbreas!
Viños
- DulZ.Ze frizzante: combina os teus pratos de peixe, marisco e aperitivos con esta bebida con baixa graduación alcohólica, chispeante acidez e delicada dozura.
- Lambrusco Rosado: lambrusco rosado moi equilibrado en dozura e acidez cun gusto final longo e intenso sabor a froitos vermellos. Presenta burbullas finas e moi ben integradas que fai que sexa refrescante e lixeiro.
- Pescaíto: o Viño branco Pescaíto é un excelente aliado para os teus aperitivos, pratos de peixe e marisco. Presenta unha destacada cor amarela pálida con reflexos verdosos, limpo, brillante e transparente. No nariz é afroitado, cun carácter cítrico e floral. Na boca é equilibrado, fresco, amable e fácil de beber.
- Rueda verdello Abadía Mantrús: acompaña os teus arroces, carnes suaves, peixes e pratos asiáticos con este viño. Destaca pola súa cor amarela palla e a súa intensidade aromática alta con toques a froita e frescos. Na boca ten personalidade, frescura e lixeira untuosidade. Descubre o seu carácter afroitado e mineral.
- Merlot Mar de Uvas: un viño elegante de cor granate e sabor suave e afroitado. Ideal para carnes vermellas, fondue de queixo e guisos de culler.
- 13 Hectáreas carballo: carballo con 7 meses en barrica, potente, redondo e equilibrado. Notas a froitos vermellos, matices florais e lixeiro aroma de madeira.
Sidra e Cava
- Sidra: sidra escumosa con equilibrado sabor a mazá. Caracterízase por ser unha sidra con doce e longo gusto final.
- Cava Cabré & Sabaté Vintage: este cava é ideal para acompañar mariscos, peixes e carnes brancas. Tamén se pode gozar como aperitivo ou para brindar en ocasións especiais. Ten unha cor amarela pálida e as súas burbullas son finas e persistentes. Na boca é seco e fresco, cun equilibrio perfecto entre acidez e dozura.
Vermú Reserva
- Vermú Maronti: o Vermú Reserva Maronti presenta toques de madeira e especias que suavizan a frescura das herbas naturais do bosque. O acompañante ideal para os teus aperitivos. Está moi ben equilibrado e posúe gran persistencia na boca. Sabor complexo e con carácter.
Sen alcohol
- Viña Secret: escumoso sen alcohol que fará as delicias de todas aquelas persoas que queiran brindar nestas próximas datas sen necesidade de consumir alcohol.
- Magic: bebida de zume de froitas aromatizada que contén azucres, o que lle dá un sabor doce e refrescante. Ademais, está libre de glute, polo que é apta para persoas con intolerancia ao glute ou celiaquía.
Outras recomendacións
Probaches a Cider Wild Panther? Tela dispoñible en sabor mazá ou amorodo-lima.
Pon unha boa selección de Turróns na túa mesa de Nadal.
Coñeces os nosos Calendarios de Advento con minifragrancias e esenciais de maquillaxe?