Seguimos ofrecéndoche alternativas de bebidas refrescantes para combater a calor: orchatas e bebida de canela e limón.

Refréscate coas nosas Orchatas e a Bebida de canela e limón

23 de xuño de 2022

Apetéceche unha bebida refrescante? Cando se fai notar a calor, unha excelente opción é un saboroso vaso de Orchata de chufa ben fresca ou unha deliciosa Bebida de canela e limón.

A orchata é a forma máis popular e doce de consumir a chufa. Dende hai séculos esta bebida é todo un emblema da gastronomía valenciana. En Mercadona dispoñemos de orchatas e bebidas de chufa para que sirvas un vaso ben frío. Ou se o prefires, refréscate cun bo vaso de Bebida de canela e limón.

Orchata fresca

Horchata fresca de Mercadona

  • Para todos os públicos
  • É unha bebida refrescante que podes consumir en calquera momento do día (tamén como sobremesa). Orixinaria de Valencia.
  • Elabórase con auga, azucre e chufas molladas, ademais doutros ingredientes que potencian o seu sabor, como a canela e o limón.
  • Receita extraída de orchatería valenciana.
  • Débese consumir fría. Pode acompañarse de fartons ou calquera biscoito tradicional.
  • Podes encontrar a orchata fresca en todas as nosas tendas de España (excepto Canarias).

Orchata de chufa

Horchata de chufa de Mercadona

  • É unha bebida refrescante que podes consumir en calquera momento do día (tamén como sobremesa). Orixinaria de Valencia.
  • Elabórase con auga, azucre e chufas molladas, ademais doutros ingredientes que potencian o seu sabor, como a canela e o limón.
  • Unha das súas principais innovacións é que a ofrecemos sen alérxenos e incrementamos a porcentaxe de chufa.
  • Débese consumir fría. Pode acompañarse de fartons ou calquera biscoito tradicional.

Bebida de chufa sen azucres engadidos

Bebida de chufa sin azúcares añadidos Mercadona

  • É unha bebida refrescante que podes consumir en calquera momento do día (tamén como sobremesa). Orixinaria de Valencia.
  • Elabórase con auga, azucre e chufas molladas, ademais doutros ingredientes que potencian o seu sabor, como a canela e o limón.
  • É a versión sen azucre da orchata, adózase con edulcorante e está dirixida a aqueles aos que lles gusta a orchata, pero que non desexan inxerir azucres.
  • Melloramos este produto, eliminando alérxenos e reducindo un 30 % o edulcorante. Ademais, incrementamos a porcentaxe de chufa.
  • Débese consumir fría. Pode acompañarse de fartons ou calquera biscoito tradicional.

Bebida de canela e limón

Bebida de canela y limón de Mercadona

  • Bebida refrescante con base de leite con sabor a vainilla e canela.
  • Indicada para todos os públicos, tanto adultos coma nenos.
  • É preferible consumila fría.

Outras recomendacións

Este verán mantén o teu corpo hidratado as 24 horas do día.