Sabes como manter a hidratación no verán? É a tempada do ano na que o noso corpo perde máis auga e necesitamos repoñela para evitar problemas de saúde. Por iso, é importante prepararnos para a chegada dos meses máis calorosos.
Aínda que sabemos que é fundamental, ás veces cústanos beber auga e necesitamos outro tipo de bebidas, con outros sabores, para facer fronte ás altas temperaturas. Por exemplo, tés, infusións, auga de coco...
Prepáraas dentro ou fóra da casa e lévaas contigo a onde queiras. Con estas bebidas conseguirás unha hidratación óptima as 24 horas do día, totalmente necesaria cando aperta a calor. No te descoides!
Que bebidas refrescantes podes tomar para hidratarte no verán?
Tés solubles
Refrescos de té para diluír: Cada envase contén 12 sobres de 3 g con sabor a limón ou melocotón e non conteñen azucre. Moi refrescantes e versátiles.
Ideais para consumilos fríos en calquera momento do día e en calquera lugar: na casa, no metro, no traballo, onde ti queiras...Son unha opción excelente para consumir unha maior cantidade de auga grazas ao seu agradable sabor.
Modo de preparación: Á hora de preparar o noso té soluble preferido, podemos seguir as indicacións do envase, é dicir, hai que disolver 1 sobre en 0,5 litros de auga. Non obstante, son moitos os que optan por disolver 1 ou 2 sobres en 1,5 litros de auga, para lograr un refresco máis diluído. Iso si, prepárelo como o prepares, debes axitalo ben ata a súa completa disolución.
Modo de conservación: os sobres deben manterse nun lugar fresco e seco, a temperatura ambiente. Unha vez reconstituído o seu contido en 500 ml de auga debe conservarse no frigorífico e consumirse antes de 24 horas.
Té Manga Piña
Descubre esta refrescante bebida de Té manga e piña, sen gas nin conservantes e con todo o sabor da froita. Consúmeo como máis che guste, só ou con xeo e lévao a onde queiras. Ideal para consumir en calquera momento do día para estar sempre hidratados. E se o prefires sen azucre, proba o noso Té manga Cero. Todo o sabor da froita e 0 calorías!
Infusións funcionais
Outra boa alternativa para manter os niveles de hidratación que necesitas son as nosas Infusións funcionais. Estes complementos alimenticios, á parte de hidratarte, axúdanche a coidarte e a estar en boa forma.
Infusións frías
Infusións perfectas para hidratar o teu corpo e refrescarte mentres saboreas os seus deliciosos sabores a manga, piña colada ou froitos vermellos. Estas Infusións frías están elaboradas cos mellores ingredientes. Engádelles pedras de xeo se as queres moito máis frías. Tamén podes tomalas quentes se o prefires.
Auga de coco
Este verán coida a túa hidratación e refréscate coa nosa Auga de coco 100 % natural. Ademais, non ten azucres engadidos nin conservantes e é unha fonte natural de potasio, entre outras propiedades beneficiosas.
Outras recomendacións
Se che apetece outra bebida refrescante, proba a nosa Orchata de chufa e a nosa bebida de chufa sen azucres engadidos.