A túa nova salada de cuscús e vexetais frescos
A receita máis popular e refrescante de Oriente Medio chega a Mercadona cunha combinación refrescante e natural, composta por cuscús, vexetais frescos, uvas pasas e outros ingredientes que fan deste prato unha opción deliciosa para tomares como prato único ou como acompañamento doutras receitas.
O Tabulé Oriental de Hacendado preséntase listo para tomares nun recipiente doado de abrir e de conservar, perfecto para dúas persoas.
Tres sinxelos trucos para gozares do Tabulé Hacendado:
- Combina o Tabulé con pratos fríos ou quentes. Preséntao en pequenas cuncas, ideais para acompañares o prato principal.
- Podes servir o Tabulé de Hacendado nunha ensaladeira e enfeitalo cunhas folliñas de menta, daranlle un toque especial.
- Se desexares que a túa salada de Tabulé quede máis suculenta, podes engadirlle unhas pingas de limón a gusto.
Outras Recomendacións:
Probaches xa a nova Sopa con Wonton de Lagostino de Mercadona? Podes escollela en dúas deliciosas variedades: con ou sen fideos.
Tamén che recomendamos o Yum Yum de Mercadona, unha saborosa receita oriental, que podes preparar en tan só 3 minutos.