Substitúe a proteína da carne animal co noso Seitán, melloramos a súa calidade.

Nova receita de Seitán, fonte de proteína 100 % vexetal

09 de xuño de 2022

Coñeces o Seitán? Forma parte da túa dieta? Elaborado a base de glute de trigo, é ideal para persoas veganas ou que busquen unha alternativa proteica de orixe vexetal

Ademais de ser rico en proteínas (24 g de proteína por cada 100 g) é un produto baixo en graxas (1,8 g por cada 100) e en hidratos de carbono (2,9 por cada 100 g). O seu uso na cociña pode ser do máis variado: guisado, frito, en espetos, rebozado, nunha boloñesa… etc.

Como coñecemos todo o seu potencial e sabemos que ten grande aceptación entre os nosos clientes, melloramos a súa calidade.

En que consistiu a mellora de calidade do noso Seitán?

Basicamente perfeccionamos este produto en dous sentidos:

  • Creamos unha nova receita que mellora o seu sabor.
  • Conseguimos unha textura máis zumarenta e versátil.

Mantemento

  • Débese manter entre 2 ºC e 8 ºC. Unha vez aberto hai que conservalo cerrado e refrixerado e consumilo antes de 3 días.
  • Tamaño de 200 g por paquete.

Como che gusta máis o Seitán?

Como avanzamos, trátase dun produto moi versátil: as posibilidades da cociña do Seitán son case inesgotables. Podes tomalo en forma de láminas á prancha, cortado en dados, estufado, picado como nunha salsa boloñesa… incluso podes aromatizalo con pemento e allo para que se asemelle ao sabor do chourizo.

Combina moi ben con verduras e pasta. Dende o punto de vista nutricional, é moi recomendable acompañalo con legumes, xa que o conxunto achega un patrón de aminoácidos esenciais máis completo.

A continuación, suxerímosche tres exquisitas ideas de consumo. Seguro que tes a túa forma de preparalo favorita!

  • Prepara uns deliciosos noodles con Seitán. Unha receita nutritiva, exótica, sinxela e rápida de preparar, moi atractiva!

Nueva receta de Seitán, fuente de proteína 100% vegetal

  • Un Seitán ao curry acompañado dunha gornición de arroz branco é outro deses praceres que non podes perder, ademais de ser un prato moi completo.

Nueva receta de Seitán, fuente de proteína 100% vegetal

  • Cocíñao en tiras ou esmigallado, tipo pulled. Desta forma tan apetitosa, podes preparar un sándwich diferente ou enriquecer calquera prato.

Nueva receta de Seitán, fuente de proteína 100% vegetal.

Outras recomendacións

Se buscas outras alternativas de proteína vexetal, descubre todas as posibilidades da soia texturizada ou do Tofu.