Goza preparando as receitas máis saborosas coa nosa masa follada sen glute.
O proceso de elaboración fai que a súa textura sexa máis crocante e iso diferénciaa doutras masas para cociñar. Ademais, a masa follada sen glute mantén as mesmas propiedades que a masa follada común tanto na súa maneira de cociñar como no seu resultado final. Se es dos que lles gusta a masa follada para elaborar receitas, sigue os pasos que che mostramos a continuación.
Follado de pera, canela e noz
Ingredientes:
- 2 paquetes de masa follada sen glute
- 1 ovo batido
- Canela en po segundo guste
- 3 culleradas de noces picadas grosas
- Iogur grego segundo guste
Para a crema:
- 150 g de leite enteiro
- 1 rama de canela
- 2 xemas de ovos M
2 culleradas de azucre - 1 cullerada de maicena
- 1 cullerada de té de manteiga
Para as peras:
- 65 g de azucre amarelo
- 2 culleradas de manteiga
- 1 chisco de sal
- 2 peras
1. Para a crema, quenta o leite cunha rama de canela nun cazo ata que ferva.
Nun cunco, mestura as xemas de ovo co azucre e a maicena. Retira a rama de canela e bota o leite quente por enriba, removendo continuamente. Volve poñer a mestura ao lume, removendo continuamente, ata que espese. Engade a manteiga e mestura. Reserva.
2. Para as peras, pon o azucre, a manteiga e o sal nunha tixola e quenta a lume medio-alto. Corta as peras en cuartos e cada cuarto en 3-4 liscos e ponas na tixola. Cocíñaas en azucre ata que estean douradas.
3. Corta 8 cadrados de follado, pica lixeiramente cun garfo e pinta os bordos da masa co ovo batido. Estende a crema de canela no centro e esparexe unha pouca canela en po. Coloca enriba os liscos de pera e un pouco almibre.
Esparexe as noces e méteos no forno, quentado previamente a 180 ºC, durante 20 minutos.
Retira, sirve con iogur grego e decora con follas de menta.
Follado de xamón, espárragos e parmesano
Ingredientes:
- 80 g de queixo crema
- Pementa negra segundo guste
- Reladura da casca de ½ limón
- 1 cullerada de té de ourego
- 60 g de queixo «da ilha» (das Azores)
- 2 paquetes de masa follada sen glute
- 8 liscos de xamón
- 24 espárragos
- 1 ovo batido
- Sementes de sésamo segundo guste
1. Nun cunco pequeno, mestura o queixo crema coa pementa, a reladura de limón, o ourego e a metade do queixo relado.
2. Corta 8 cadrados de follado, pica lixeiramente cun garfo e estende a mestura de queixo por enriba.
3. Coloca un lisco de xamón e 3 espárragos en cada cadrado.
4. Dobra dúas esquinas do cadrado cara ao centro e cerra. Pinta a superficie da masa co ovo batido e esparexe as sementes de sésamo.
Méteos no forno, quentado previamente a 180 ºC, durante 20 minutos.
Convértete nun auténtico xefe de cociña e prepara estas receitas sen glute, fáciles e saborosas, doces e salgadas, para todos os gustos.
Outras recomendacións
Sabías que na nosa web hai varias receitas ideais para persoas intolerantes ao glute? Próbaas!