Ampla variedade de leite en Mercadona

Leite de Mercadona para todos os gustos

01 de xuño de 2018

O 1 de xuño celébrase o Día Mundial do Leite, instaurado pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) para promover o consumo de produtos lácteos.

En Mercadona sumámonos á celebración, conscientes de que se trata dun alimento fundamental e de que cada persoa ten unhas necesidades. Por iso contamos cunha ampla variedade de tipos de leite. Detallámosche as súas principais características a continuación.

Os diferentes tipos de leite de Mercadona. Elixe o teu

Necesitas unha achega extra de proteínas, calcio ou vitaminas? Tes intolerancia á lactosa? Buscas un leite indicado para o embarazo? Enriquecido con Omega 3? Prefires o leite desnatado?

Resolvemos todas estas necesidades e moitas máis cos diferentes tipos de leite de Mercadona. Continúa lendo e escolle o que mellor se axuste ao teu caso.

Leite Semidesnatado de Cabra Hacendado

  • Leite de consumo ideal para embarazadas.
  • Enriquecido con Vitamina B (ácido fólico).
  • Paquete de 6 litros e envase brick dun litro.

Leite Hacendado Omega 3

  • Leite desnatado enriquecido con ácidos graxos Omega 3 de orixe vexetal e vitaminas A, D, E, C, ácido fólico e B6.
  • Paquete de 6 litros e envase brick dun litro.

Leite Hacendado Fibra baixo en graxa

  • Leite parcialmente desnatado enriquecido con fibra e vitaminas (A, D, E e ácido fólico).
  • Paquete de 6 litros e envase brick dun litro.

Leite básico Hacendado

  • Dispoñible nas variedades enteiro, desnatado e semidesnatado.
  • A variedade semidesnatado ten menos contido graxo que o leite enteiro e mantén o seu contido natural de vitaminas A, D e E case na mesma proporción.
  • Paquete de 6 litros e envase brick dun litro.

Leite con calcio Hacendado

  • Dispoñible nas variedades enteiro, desnatado e semidesnatado.
  • Enriquecido con calcio 100% natural procedente do leite, con vitaminas A, D, E e ácido fólico.
  • Paquete de 6 litros e envase brick dun litro.
  • A variedade semidesnatado preséntase tamén en tamaño minibrick de 1200 cc, ideal para tomar en calquera parte.

Leite sen lactosa Hacendado

  • O leite de Mercadona sen lactosa é apto para persoas con intolerancia á lactosa.
  • Dispoñible nas variedades enteiro, desnatado e semidesnatado.
  • Facilita a dixestión.
  • A pesar de eliminar a lactosa, este tipo de leite conserva as mesmas propiedades nutricionais que o leite normal.
  • Paquete de 6 litros e envase brick dun litro.
  • A variedade semidesnatado preséntase tamén en tamaño minibrick de 1200cc., ideal para tomar en calquera parte.

Leite Semidesnatado +Proteínas Hacendado

  • Leite semidesnatado cunha achega extra de proteína natural do leite, que se obtén mediante un proceso de ultrafiltración.
  • Contén o dobre de proteínas e un 63% máis de calcio que un leite semidesnatado básico.
  • Paquete de 6 litros e envase brick dun litro.

Orixe do leite de Mercadona.

Mercadona é asinante do Acordo para a estabilidade e sostibilidade do sector lácteo e do programa Produtos Lácteos Sostibles (PLS), ambos impulsados polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), cos que se contribúe a poñer en valor a orixe nacional do leite e se fomenta o consumo de produtos lácteos como, por exemplo, a través do seu apoio á campaña Lácteos de aquí cada día mediante diversas accións de difusión en redes sociais nos últimos anos.

Mercadona cómpralles leite a máis de 3.000 gandeiros de toda España para a venda de leite Hacendado, onde se garante que o 100% é de orixe nacional, ou para a fabricación doutros produtos como queixo e iogures da mesma marca. Máis información do apoio de Mercadona ao sector lácteo neste enlace.

Outras recomendacións

Para adozar o teu vaso de leite, o mel é unha exquisita opción. Ofrecémosche Meles Hacendado de catro sabores distintos: cremoso, mel de romeu, mel de laranxeira e de eucalipto, para que escollas a mellor combinación.

Ademais, podes acompañar o teu leite favorito coa Granola con baixo contido de azucre, de intenso sabor e textura crocante.