Vive os primeiros días do ano do xeito máis doce e divertido coas Diverxuxes de Hacendado, unha gran variedade de caramelos e larpeiradas para todos os gustos e sen glute.

Larpeiradas ao grande!

04 de xaneiro de 2018

As primeiras datas do ano son días de festa, de comidas familiares e de máxica espera ante a inminente chegada dos Reis Magos. Abraia pequenos e maiores coas Diverxuxes Hacendado, unha cómoda bolsa que contén no seu interior as larpeiradas máis divertidas.

Escolle entre os caramelos brandos, as lamberetadas de goma, os caramelos comprimidos efervescentes, as mini hamburguesas doces ou os calafríos… Unha gran variedade de doces sen glute aptos para celíacos.

Todas as larpeiradas están protexidas en envoltorios individuais para se conservaren mellor e para seren máis doadas de compartir ou de gardar.

Outras Recomendacións

Concédete un antollo de chocolate cos Bombóns de Mercadona, ideais para agasallares ou para lle dar un gusto ao teu padal.