Temos unha gran variedade de iogures naturais para que coides a túa alimentación.

Iogures naturais, a pureza do auténtico iogur

29 de abril de 2024

Os Iogures naturais son os clásicos por excelencia, a versión máis esencial do iogur, expresión do xenuíno e saudable con múltiples beneficios nutricionais. Por iso nunca pasan de moda. E para os máis larpeiros, tamén contamos con iogures naturais azucrados e edulcorados.

Déixate levar polo encanto do natural e goza da suavidade e do sabor puro do leite nesta ampla selección de iogures. Con cal quedas?

Descubre a nosa selección de Iogures naturais

Enteiros

Yogures naturales Mercadona.

Iogures elaborados con leite enteiro de alta calidade que ofrece unha textura suave e cremosa. Sabor auténtico e fresco sen máis aditivos.

  • Grego Natural: todas as propiedades do tradicional iogur grego nunha experiencia láctea inigualable. Dispoñible en tamaño de 1 kg e formato paquete de 6 unidades de 125 g.
  • Grego Lixeiro natural: elaborado con leite parcialmente desnatado, para todos aqueles que apostan polo benestar pero non queren renunciar ao intenso sabor dun iogur estilo grego. Encontraralo en tamaño de 1 kg e formato paquete de 6 iogures de 125 g.
  • Quefir: unha opción refrescante e nutritiva que podes gozar en calquera momento do día, con beneficios para a túa dixestión e o teu sistema inmunolóxico. Tamaño de 500 g.
  • Bífidus natural: con probióticos. Unha excelente opción para coidar a saúde intestinal. Dispoñible en paquetes de 6 iogures de 125 g.
  • Natural: aproveita as virtudes do sinxelo con este iogur natural de leite enteiro, o de sempre. Á túa disposición nun formato paquete de 6 unidades.
  • Natural de cabra: un iogur distinto, elaborado a partir de leite enteiro de cabra. Un iogur moi nutritivo, de sabor máis intenso e textura moi cremosa. Dispoñible en formato paquete de 4 unidades de 125 g.

Enteiros azucrados

Yogures naturales Mercadona.

Iogures preparados con leite enteiro que non te tes que preocupar de adozar, porque xa veñen azucrados.

  • Iogur sen lactosa cremoso, natural e azucrado: un iogur indicado para persoas con intolerancia á lactosa, adozado con azucre natural. Preséntanse en paquetes de 4 unidades de 125 g.
  • Iogur natural con azucre de cana: a cremosidade e o clásico sabor do iogur matizado polo toque doce do azucre de cana. Unha mestura irresistible de sabores auténticos. Dispoñible en formato paquete de 6 iogures de 125 g.
  • Iogur grego natural con azucre de cana: o carácter ácido do iogur grego compensado con este delicioso azucre e unha textura cremosa e densa. En paquetes de 6 unidades de 125 g.

Desnatados

Yogures naturales Mercadona.

Necesitas coidar o consumo de graxa? Estes son os teus iogures e as túas sobremesas lácteas, opcións lixeiras e saudables con diferentes posibilidades. Descúbreas!

  • Sobremesa láctea natural +Proteínas 10 g de proteínas: rica en proteínas. 0 % materia graxa. Preséntase nun tamaño de 500 g.
  • Sobremesa láctea natural +Proteínas 12 g de proteínas: con maior achega proteínica e dispoñible en formato paquete de 4 unidades de 120 g.
  • Bífidus desnatado natural: un iogur nutritivo elaborado con leite desnatado cos beneficios probióticos do bífidus. 0 % materia graxa, 0 % azucres engadidos. Veñen en paquetes de 6 unidades de 125 g.
  • Iogur natural 0 % materia graxa, 0 % azucres engadidos: a versión máis lixeira do clásico iogur natural. Gózao en cómodos paquetes de 6 iogures de 125 g.
  • Iogur sen lactosa natural 0 % materia graxa, 0 % azucres engadidos: a versión sen lactosa, libre de graxa e de azucres. En paquetes de 4 unidades de 125 g.

Desnatados edulcorados

Yogures naturales Mercadona.

Cóidate e goza con esta gama de iogures desnatados edulcorados sen azucre. Explora todas as posibilidades. Dispoñibles en formato paquete de 6 unidades de 125 g cada un.

  • Bífidus cremoso desnatado natural edulcorado: o iogur que combina a suavidade e cremosidade cos beneficios probióticos do bífidus, edulcorado para garantir todo o sabor. 0 % materia graxa, 0 % azucres engadidos.
  • Iogur natural desnatado edulcorado: inclúe na túa alimentación esta alternativa baixa en graxas e calorías, sen privarte do pracer dun iogur doce e cremoso. 0 % materia graxa, 0 % azucres engadidos.
  • Sobremesa láctea cremosa natural edulcorada: elaborada con leite desnatado natural con edulcorantes. 0 % materia graxa, 0 % azucres engadidos.

Outras recomendacións

Non o dubides, con estas suxestións podes preparar calquera destes 4 cuncos de iogures.

Coida a túa alimentación coa nosa gran variedade de cereais, para os teus almorzos, as túas merendas ou cando máis che apetezan.

Descubre 3 receitas para unha alimentación equilibrada e saudable.