AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Mercadona ofréceche a súa selección de aperitivos para gozar ao máximo dos partidos do Mundial de fútbol.

Goza do Mundial coa nosa Selección de Aperitivos

13 de xuño de 2018

Xa estamos gozando do Mundial de Fútbol, todo un festival de goles e emocións. E para que animes a túa Selección no seu debut mundialista con todas as túas forzas, en Mercadona preparamos a nosa propia Selección de Aperitivos.

Hai algo mellor que gozar do mellor fútbol desde a casa, rodeado de amigos ou en familia? Claro que unha reunión deste tipo require coidar os detalles máis básicos…

Por iso e para acabar con bo sabor de boca, acompaña os partidos máis emocionantes cos nosos saborosos e irresistibles Aperitivos de Mercadona.

A continuación ofrecémosche algunhas suxestións:

Cervexa Steinburg suave

Unha cervexa de sabor agradable e suave, para saborear mentres ves o partido.

Recomendada para o día a día daqueles aos que non lles guste a cervexa forte.

Moi refrescante e indicada para esta época do ano.

Cóctel Mestura

En todo bo aperitivo non pode faltar un bo Cóctel de froitos secos.

Unha combinación infalible a base de cacahuetes, millo, garavanzos, bóliñas de millo e pasas.

É ideal para compartir en familia, con amigos ou darse un capricho. Pode consumirse en calquera momento do día e, por suposto, mentres a nosa Selección xoga os seus partidos.

Cóctel Hacendado

Esta lata componse de diferentes ingredientes: olivas verdes sen óso, cogombros pequenos, cenorias e ceboliñas.

Ademais está aliñada cun toque de aceite de oliva que lle outorga un sabor distinto.

Perfecta para compartir cos amigos ou familiares en calquera momento do partido xunto a unha cervexa, refresco ou calquera bebida.

Lista para consumir, simplemente basta con abrir e servir.

Patacas fritas sabor Ovo Frito

Imaxina que mollas unha pataca frita nun ovo frito, coa súa xema, a súa puntilla e o seu característico sabor…

Toda unha experiencia para ofrecerlla aos teus amigos o día do partido, verdade? E todo iso só nunha pataca frita.

Proba as nosas novidades en patacas de sabores!

Costelas Grelladas

Todo o sabor da carne acompañado por unha salsa grellada. Para consumir e compartir no mesmo envase.

Proba esta nova forma de dipear e goza dos teus xogadores preferidos neste Mundial.

Mini Snacks Fuet, Chourizo e Polo

A picada preferida de moitas persoas é a base de friames, tan cheos de sabor.

Perfectos como aperitivo e como entrantes, estes mini snacks de fuet, chourizo e polo farán as delicias dos teus amigos.

Ás de Polo Asadas

Durante os partidos do Mundial obsequia os teus amigos e familiares cunhas Ás de Polo Asadas.

Ideais para consumir e compartir no mesmo envase, unha nova forma de dipear.

Pintarolas

Se che apetece un doce durante o partido da túa Selección, proba este delicioso snack de chocolate con leite, para os momentos máis divertidos.

Un bocado excelente para xogos, festas e celebracións entre amigos ou familia.

Un produto sen glute e sen colorantes artificiais.

Pizza fresca Grellada

Gústavos a pizza? Pois aquí tedes un clásico que non pode faltar: Pizza con todo o sabor da carne cun toque de grella.

Un prato preparado para servilo ao instante e cear sen perder nin unha xogada da túa Selección.

Outras recomendacións

Se che gusta a cervexa con sabor e corpo, goza do Mundial coas nosas Cervexas Reserva e Dobre Malta.

Pero se prefires unha cervexa sen alcohol, proba a Cervexa Steinburg 0,0% sen glute, unha cervexa para todos.

E tamén, pensados para as persoas celíacas, Mercadona pon á súa disposición os Aperitivos de Mercadona sen glute.