Máis de 1.300 opcións sen glute en Mercadona!

Día Nacional do Celíaco: Opcións sen glute en Mercadona

26 de maio de 2021
  • Este 27 de maio Mercadona únese ao Día Nacional do Celíaco como parte do seu compromiso e apoio cara ás persoas celíacas.
  • A compañía conta con máis de 1.300 referencias sen glute e continúa traballando no desenvolvemento dunha ampla oferta de produtos de gran calidade e libres de glute.

Como cada 27 de maio, Mercadona reforza o seu compromiso cos “Xefes” (clientes) que padecen intolerancias ou alerxias alimentarias ao glute no Día Nacional do Celíaco. Para axudar a visibilizar esta enfermidade, a compañía lanza un vídeo recompilatorio con algúns produtos aptos para celíacos dispoñibles en Mercadona.

Oferta sen glute en Mercadona

Actualmente a compañía, que conta con máis de 1.300 produtos sen glute Hacendado, continúa traballando diariamente para desenvolver unha ampla oferta de calidade, pensada para satisfacer as necesidades das persoas celíacas.

Mercadona colabora cos “Xefes” que non poden inxerir este tipo de proteína, provedores especialistas e distintas asociacións de celíacos de referencia en España, para ofrecer produtos convenientemente envasados e identificados na súa etiquetaxe e garantir a máxima seguridade alimentaria.  

Mercadona e organizacións de axuda ao colectivo celíaco

Mercadona colabora estreitamente con distintas entidades de España como a Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE) e as súas asociacións autonómicas, Celíacos de Catalunya (SMAP), a Asociación de Celíacos e Sensibles ao Glute (ACSG) e a Asociación Española de Persoas con Alerxia a Alimentos e Látex (AEPNAA).

A colaboración con estas entidades axuda a coñecer mellor as necesidades dos consumidores celíacos. Ademais, Mercadona ten o obxectivo de promover accións dirixidas a persoas con enfermidade celíaca ou sensibilidade ao glute.

En palabras de Aarón Santana, presidente da Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE), “ben sexa á hora de elixir un restaurante, un hotel para pasar as vacacións ou un comercio no que realizar a compra, as persoas celíacas son as que deciden a cal se irá tendo en conta se ofrecen opcións seguras e asesoradas. Estes establecementos non só reciben a persoa celíaca, reciben a todos os que a rodean e iso é garantía de éxito para os que deciden apostar polo colectivo”.

Pola súa parte, José T. Molina, presidente da Asociació Celíacs de Catalunya, fai “un chamamento ás administracións públicas a seguir fomentando a formación dos profesionais sanitarios e a garantirlle o acceso ao seu tratamento aos pacientes celíacos, ao mesmo tempo que facemos un chamamento a fabricantes e distribuidores alimentarios para incluír entre a súa oferta produtos aptos para celíacos, eliminando peaxes innecesarias en canto a prezo e calidade. Por outra parte, queremos agradecerlles a algúns axentes privados, como é o caso dos supermercados Mercadona, que apoian o labor de sensibilización sobre a enfermidade celíaca que realizamos as asociacións de pacientes e facilítanlle o acceso ao seu tratamento, á dieta sen glute, aos consumidores celíacos”. 

Por último, Roberto Espina, director da Asociación de Celíacos e Sensibles ao Glute da Comunidade de Madrid destaca os proxectos solidarios, como Contigo 2020, co que grazas ás doazóns a asociación distribúe un lote mensual de produtos básicos sen glute “para garantir que as persoas en situación de risco tamén cumpren a dieta sen glute”. Ademais, puxeron en marcha distintas actividades para celebrar o 27 de maio, como o Día Sen Glute no Cole, no que máis de 450 centros escolares darán a todos os seus alumnos un menú sen glute para dar visibilidade á enfermidade e fomentar a integración dos máis pequenos.

Produtos sen glute de Mercadona: Consellos

Coñece máis sobre os produtos sen glute Hacendado no apartado de Consellos Sen Glute