Algúns produtos da oferta sen glute de Mercadona

Mercadona únese ao Día do Celíaco e amplía a súa oferta sen glute coas súas novas croquetas de xamón

27 de maio de 2021
  • A compañía reafirma o seu compromiso cos “Xefes” intolerantes ou alérxicos a este tipo de proteína, ademais de promover accións coas asociacións de afectados.
  • A cadea de supermercados dispón dunha oferta con máis de 1.300 produtos aptos para este colectivo que conmemora a súa xornada cada 27 de maio.

A relación de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, co colectivo celíaco iniciouse hai máis de 20 anos como resposta ás necesidades e peticións dos nosos clientes celíacos e as súas familias. Froito desta necesidade e do entendemento con todas e cada unha das asociacións de celíacos de toda España, Mercadona non só se comprometeu a ofrecer unha ampla oferta de produtos sen glute coa máxima calidade, senón que tamén fomenta iniciativas formativas e divulgativas que axuden a coñecer e comprender mellor a celiaquía.

Neste contexto, segue reforzando a súa oferta de máis de 1.300 produtos sen glute con novidades aptas para celíacos como as novas croquetas cremosas Caprichos de Xamón Sen Glute de Hacendado. Este produto, introducido a proposta dos “Xefes” e elaborado polo Provedor Totaler Frisa na súa planta de Villafranca (Navarra), e outros que se sumarán nas próximas semanas, están dispoñibles nas máis de 1.600 tendas que a compañía ten en España e en Portugal. Mercadona pon a disposición dos consumidores toda a información necesaria nos envases, ben como a lista de alérxenos ou o selo SEN GLUTE.

Mercadona únese ao Día Nacional do Celíaco, que se celebra cada 27 de maio, como parte do seu compromiso coas persoas que padecen esta afección. Actualmente colabora coa Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE) e as súas asociacións autonómicas, Celíacos de Catalunya (SMAP), a Asociación de Celíacos e Sensibles ao Glute (ACSG), a Asociación Española de Persoas con Alerxia a Alimentos e Látex (AEPNAA); así como coa súa homóloga en Portugal, a Associação Portuguesa de Celíacos (APC), coa que a compañía asinou un acordo de colaboración en maio de 2020, co obxectivo de promover accións dirixidas a persoas con enfermidade celíaca ou sensibilidade ao glute.

Vídeo en español

Novas croquetas Caprichos Sen Glute de Xamón de HacendadoNovas croquetas Caprichos Sen Glute de Xamón de Hacendado.

Algúns produtos da oferta sen glute de MercadonaAlgúns produtos da oferta sen glute de Mercadona.