A Torta de cereixas de Mercadona é unha deliciosa sobremesa que poderás preparar para as túas merendas.

Deliciosa Torta de cereixas

26 de xuño de 2018

Estamos no tempo das cereixas! Propoñémosche esta clásica receita para elaborar unha auténtica Torta de cereixas, coñecida tamén como cherry pie.

Esta doce sobremesa é unha opción deliciosa, para que gocen dela grandes e pequenos. Ademais, podes preparala sen demasiadas complicacións, grazas á receita, paso a paso, que che detallamos a continuación.

As protagonistas desta receita son as cereixas que encontrarás na sección de froitas e verduras de Mercadona.

Sigue o vídeo da receita da Torta de cereixas de Mercadona:

Ingredientes para 8-10 persoas:

  • 800 g de cereixas
  • 1 paquete de dúas unidades de masa quebrada
  • 180 g de azucre
  • Aroma de vainilla
  • Fariña fina de millo
  • 1 ovo
  • Cecimbre (opcional)
  • Xeado de vainilla (opcional)

Paso a paso:

A continuación podes seguir o proceso de preparación paso a paso, coa elaboración completa desta receita tradicional.

1. Quítalle o óso ás cereixas, párteas en metades e ponas a macerar co azucre e unhas gotas de aroma de vainilla (toda a noite se é posible).

Paso 1 receta tarta de cerezas

2. Engade 3 culleradas de fariña de millo á mestura de cereixas.

3. Quenta o forno a 220º (a 200º se ten aire de convección).

4. Utiliza o papel de forno para poñer no molde (o que vén no paquete das masas quebradas servirá). Estira a masa para acomodala e que cubra todo o fondo do recipiente, así como os bordos do molde.

Paso 2 receta tarta de cerezas

5. Verte toda a mestura das cereixas sobre a masa e distribúea de maneira uniforme.

Paso 3 receta tarta de cerezas

Paso 4 receta tarta de cerezas

6. Corta a segunda masa en finas tiras duns 8/10 mm de ancho.

Paso 5 receta tarta de cerezas

7. Pon as tiras en horizontal e vertical sobre as cereixas formando un enreixado.

Paso 6 receta tarta de cerezas

Paso 7 receta tarta de cerezas

8. Unta as tiras co ovo batido.

Paso 8 receta tarta de cerezas

9. Enfórnaa 15 minutos coa parte de abaixo acendida, despois baixa a temperatura a 200º e déixaa outros 35 minutos, ata que se vexa dourada. Déixaa arrefriar sen quitar do molde para evitar que rompa.

Paso 9 receta tarta de cerezas

10. Sírvea en porcións. Se o desexas, decóraa cunha folliña de cecimbre e xeado de vainilla

Paso 10 receta tarta de cerezas

A Torta de cereixas de Mercadona vai converterse no centro de atención das túas merendas. Unha receita deliciosa, perfecta para gozar coa familia e cos amigos!

Mercadona apoia a campaña "Froita e Verdura de aquí e de agora" do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que recomenda o consumo de froita e verdura de maneira regular.

Orixe das cereixas de Mercadona

As cereixas que poden encontrar nas nosas tendas son procedentes da zona de Alacant, Murcia, Cáceres (Valle del Jerte) e Aragón.

Outras recomendacións

Para acompañar a Torta de cereixas, podes servila cos Zumes Frescos Hacendado, dispoñibles en catro sabores: de piña e coco con valeriana, de froitos vermellos con áloe, de xenxibre e ginseng ou a opción de verdura con xenxibre.

Se ademais queres incluír un sabor refrescante nas túas merendas, os Mochis Xeados de Manga e Coco achegarán o toque exótico que buscas nas túas reunións con amigos.