As cremas de untar ofrécennos un mundo de posibilidades. Hai poucos produtos tan deliciosos, variados e versátiles. O mesmo serven para picar entre horas que para un almorzo ou unha merenda.
Ademais, pódense combinar con todo tipo de froita, bolos, gofres, pancakes, untar sobre torradas, galletas, en bocadillos…
En Mercadona dispoñemos dunha ampla variedade para todos os gustos, públicos e necesidades. Tamén para as persoas que se queren coidar, pero que lles gusta ter os seus momentos doces.
Ampla selección de Cremas de untar
Crema de leite e abelá
- Crema de leite con 10 % de abelás.
- Consómese como calquera outra crema de untar: en torradas, bocadillos, bolos, receitas, repostería…
- Sen glute.
Crema de abelás e cacao
- Recentemente, melloramos a nosa tradicional crema de abelás e cacao para aumentar a súa calidade.
- Agora encontrarala cunha maior porcentaxe de abelá (18 %) e cun tamaño adaptado ás túas necesidades de consumo.
Crema ao cacao 1 sabor
- Todo o sabor do cacao e das abelás para combinar coas merendas máis populares.
- Unha opción de éxito é untala nun delicioso croissant.
Crema ao cacao 2 sabores
- Elaborada a partir de cacao e abelás, é a combinación perfecta para as persoas que buscan unha fusión de chocolate con leite.
Crema cacahuete
- A súa principal característica é que é absolutamente natural, elaborada soamente con cacahuetes. Libre de conservantes, aditivos e outros ingredientes, céntrase na materia prima fundamental: cacahuetes da máxima calidade.
- Un alimento que permite moita variedade de consumo: podes tomalo en almorzos e merendas, untar torradas, facer galletas ou incluso preparar salsas para acompañar carnes ou combinar con froita.
- Sen glute.
- Débese remover antes da súa utilización para evitar certa separación no aceite.
Outras recomendacións
Coñeces o Tahini? É unha pasta de sementes de sésamo 100 % natural. Para consumir en torradas, con froita ou ensaladas, para dipear con pan de pita, etc.